Imos de celebración e celebración! Esta semana dous aniversarios seguidos: Aileen e Eros xa teñen tres anos!
Empezamos pola pementeira Aileen que cumpliu 3 anos o mércores.
Despois de apagar as candeas, Aileen compartiu unhas galletas cos seus compañeiros e compañeiras. E non hai que aclarar que sempre están dispostos a comer galletas deliciosas, en calqueira momento da mañán.
E hoxe venres tocoulle o turno a Eros que estaba emocionado co seu cumple e non sei se foi cos nervios pero as candeas non se apagaban cos esforzos que facía Eros. Pero, finalmente, logrouno!
Eros trouxo hoxe doble agasallo para os compañeiros/as: mandarinas da horta do seu avó Martín e galletas. Teño que dicir que as mandarinas (que estaban deliciosas e podo dicilo de verdade porque comín unha e ademais do sabor desprendían un aroma espectacular) non triunfaron tanto como as galletas e só algúns nenos e nenas as quixeron probar. Dame pena porque de verade que estaban realmente ricas. ¡Eso sí, todos/as quixeron as galletas! E como había moitas, seguramente o luns aínda poderemos comelas.
E aínda teño máis cousas para compartir coas familias pero será en próximas entradas. Agora xa remato cos últimos pementeiros que levaron a Galopín a casa. Sara e Antón. Os dous tiñan moitas ganas de levalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario