jueves, 27 de octubre de 2022

CONCURSO DE CABAZAS E ... ¡TODO PREPARADO PARA A FESTA!

   Hoxe xa recibimos as cabazas decoradas para participar no concurso que organiza o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias.


 Despois fomos todos a visitar a exposición de cabazas.





   A verdade é que hai cousas moi creativas e divertidas, outras terroríficas, algunhas con moitos detalles que hai que ir buscando e outras moi sinxelas pero mostrando moita imaxinación, unhas moi ecolóxicas  e outras moi doces, algunhas moi cinéfilas e outras carnívoras... En fin que hai de todo un pouco, como en botica.




















    Hoxe foron exploradores Noel e África que tiñan ganas de repetir e fixeron o traballo requetebén.







   Despois das rutinas cotiás, estivemos facendo uns sombreiriños de bruxa para colaborar outro pouquiño na decoración do Samaín e mañán sacer fotos bonitas con todas esas cousas que colocamos nos corredores e na aula de psico onde faremos a "merendola" conxunta.
  













   




   E mañán como temos festa, e viremos disfrazados, non hai que traer mochila (nin libreta, nin merenda, nin auga). Merendaremos todos os nenos e nenas de infantil na aula de psico (recordade que nesta ocasión somos nós os que invitamos aos demais nenos e nenas de infantil e nas próximas celebracións xa  seremos invitados por eles) e disfrutaremos dunha xornada festiva e terrorífica.


3 comentarios:

  1. Qué chulas las calabazas!!! Tengo que decir que a Aileen le hizo mucha ilusión traer a galopín a casa que tenía muchas ganas según ella dijo yo yo jaja. También hemos arreglado a galopín que dijo Aylen que estaba roto papá arregla 😅. Mañana va a ser una gran fiesta que los niños van con mucha ilusión 🤗🤗

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Qué bien que esté contenta con Galopín! Me encanta que se lo lleven y pasen un buen rato en familia. Es cierto que saltó como una chispa cuando yo pregunté🤣🤣 Y seguro que mañana nos lo pasamos genial! Tengo ganas de ver los disfraces! Gracias por visitar el blog y dejar un comentario!

      Eliminar
  2. Que terrorífico esta o corredor de infantil!!¡
    🧟‍♀️🧟‍♂️🧟
    A disfrutar un montón mañán da festa. Que ganiñas🥰👏👏

    ResponderEliminar

POLICUBOS: MATES DIVERTIDAS

   Xa a estas alturas, para todos resulta evidente que  o xogo é unha maneira de aprender. Lóxicamente nas aulas de infantil sempre hai temp...