viernes, 11 de noviembre de 2022

COUSIÑAS QUE QUEDARAN NO TINTEIRO

-     Hoxe temos unha entrada un pouco variada no blog porque estivemos rematando tarefas e empezando cousiñas novas, así que hai un pouco de todo; rutinas cotiás, tarefas de plástica, xogos, música, relaxación, plantación de millo e ata novas aprendizaxes relacionadas co Proxecto Egeria. Foi unha semana estupenda na que a maior parte do tempo estivemos disfrutando, aprendendo cousas novas, investigando, cantando, falando e mellorando en todas as tarefas, nas rutinas e no cumprimento das normas de aula.

    Para empezar temos que contarvos que a nosa plantación de millo vai vento en popa. Xa recolocamos os nosos abrochos, ou gromos de millo, nunha cubeta con terra para que teñan máis nutrientes e medren máis e mellor. A ver qué pasa!




















    Seguimos tendo exploradores e exploradoras que se encargan de pasar lista, e agora tamén  teñen que comprobar si a nosa plantación de millo necesitará un pouco de auga. Ata o de agora sigo animando aos pementeiros e pementeiras para que fagan estas tarefas de xeito voluntario pero pronto haberá que establecer un sistema para que xa todos/as asuman esta pequena responsabilidade e vaian participando activamente nas diversas actividades da aula. Agora xa saben moi ben o que teñen que facer, xa recoñecen moitos nomes, xa contan os nenos e nenas que están na casa... así que non hai ningún problema para afrontar estas tarefas... e moitas outras, claro!












    Seguimos achegándonos ao recoñecemento das letras que forman os nosos nomes.















   Entre tarefa e tarefa, sempre hai tempo para xogar e ao mesmo tempo mellorar a coordinación óculo-manual, a motricidade fina, a coordinación corporal global, a concentración, o esforzo, asuperación de pequenas frustracións, a organización espacial etc. Esta semana, o xoves concretamente, como rematamos todo prontiño e todos/as merendaron sen problemas e a bo ritmo, tivemos tempo de xogar na aula de psico e pasámolo xenial, xenial!!! Claro, hai máis espazo e  xoguetes diferentes e iso sempre mola! Seguro que podemos repetir máis veces.









 

























     Na seguinte entrada, comentaremos os avances no proxecto para que comprobedes canto estamos investigando e aprendendo no cole.


2 comentarios:

  1. Encantame ver as fotos e os videos pero cando grabas o de relaxacion é o millor porque vese como alguns están totalmente quietiños e outros intentano pero ainda lles costa jajaja , pouco a pouco seguro que todos o conseguirán.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pero realmente reláxanse moi ben, claro que cada un ten o seu nivel de enerxía e de movemento pero consiguen baixar a actividade durante toda a peza musical e iso é fantástico! É a finalidade da tarefa, intentar controlar a axitación, baixar o nivel de actividade e movemento, concentrarse na música, controlar o seu temperamento... están facendo moitas cousas e cada un ten o seu estilo propio!😉

      Eliminar

VIDA SANA

     Estamos aprendendo tantas cousas sobre as aves e facendo tantas tarefas diferentes que, ultimamente, non compartín imaxes das nosas ses...