Ao longo do mes de outubro estivemos pendentes do que ocurría cunha mazorca de millo que nos regalou a profe Ana. Como contamos o conto da "Galiña roxa", no que unha galiña plantaba unhas sementes de trigo, recollía as espigas, levábaas ao muíño para obter fariña e, finalmente, facía un pan delicioso que todos querían comer, pois nós decidimos ver que pasaría co millo se o deixábamos nunha cubeta cun pouquiño de auga.
Colocamos o millo na ventá para que lle cheguen unhas raiolas de sol e, despois, a esperar a ver que lle pasaba. Cada día había que comprobar si ocurrira algo. Os primeiros días parece que non pasaba nada pero, de repente, un día algo cambiou e unha nena observou que na mazorca saíran uns "peliños". Pouco a pouco eses peliños medraron e descubrimos que, en realidade, eran gromos, brotes de novas plantiñas. ¡O millo xermolou!
Agora, como a auga soa xa non lle chega a estas novas plantiñas para medrar, imos reubicalas en macetiñas cun poucode terra para que teñan máis alimento, máis nutrientes como o fósforo ou o potasio, e así medren máis.
¡A ver qué pasa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario