Cada día, en diversos momentos da xornada, observamos os números e as letras en multitudes de lugares, materiais, xogos, rutinas etc. Na vida cotiá aparecen números e letras por todos lados e os nenos e nenas están xa habituados a velos. Pero agora estamos empezando a identificar as grafías, a asocialas cun fonema (sonido) ou cunha cantidade, a realizar os trazos coa direccionalidade correcta... Intentamos que a aprendizaxe destas cousiñas tan importantes para tarefas máis complexas, que van realizar nun futuro non moi lonxano, se faga dun xeito o máis natural e lúdico posible de maneira que os nenos e nenas vaian iniciándose en actividades de lecto-escritura e lóxica-matemática que senten unha boa base para aprendizaxes posteriores.
Desde fai varios días estamos empregando os números para ir anotando cantos nenos/as faltan cada día, cantos hai na aula, para contar outros obxectos cos que xogamos... e imos vendo as letras iniciais de cada nome e buscamos outras palabras que empecen igual... Cada día vexo como xa moitas nenas/os van recoñecendo xa moitos nomes, recordan por exemplo todos os que empezan por M, ou recoñecen letras que hai no nome da súa mamá...
Cantamos cancións das vogais e buscámolas nos nomes como auténticos detectives, poñemos gomets de cores nos números, estampamos os nomes con selos... En fin, estamos facendo moitas cousas e así imos aprendendo cada un ao seu ritmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario