jueves, 12 de octubre de 2023

¡OUTRO ANIVERSARIO! EROS XA TEN 4 ANOS

      Na Pementeira imos de celebración en celebración. A verdade é que temos que disfrutar destas pequenas festas de aniversarios porque estes nenos e nenas medran a toda velocidade. Xa queda ben pouquiño para que todos teñan 4 anos na aula pero, a continuación, empezará xa a nova tempada de aniversarios do ano 2024 cos que xa cumplen os 5. O que dicía, ¡isto vai a toda velocidade! Igual que o Nautilus.

    Pero a cuestión é que o martes celebramos o aniversario de Eros que trouxo, como é habitual, unhas galletas para compartir cos compañeiros/as. Primeiro apagou as candeas, escoitou emocionado a canción de felicitación que todos lle adicaron coas súas mellores voces operísticas e, finalmente. chego o momento que todos/as esperan: ¡a degustación de galletas!

     
























  E non só comemos galletas e cantamos, tamén nos quedou tempo de xogar e de facer outras cousas.






     E xa aproveito esta entrada para mostrarvos as últimas pementeiras que levaron a Bonnie a casa. Están todos/as desexando levala e aí andamos tratando de organizarnos e insistindo en que Bonnie quere viaxar cos nenos e nenas traballadores e que se comportan ben, claro. Aínda así, ás veces hai que ter paciencia igualmente porque pode haber varios nenos/as que se porten ben e Bonnie só pode ir a unha casa cada vez. Así que a nosa vaca peludiña que chegou de Escocia tamén nos ensina a ter un pouco de paciencia.




sábado, 7 de octubre de 2023

O ANIVERSARIO DE AILEEN

    O venres tocoulle a Aileen ser a protagonista do día xa que era o seu aniversario.  Agora é toda unha moza de 4 anos.

  Chegou toda contenta coas súas galletas para compartir cos compañeiros e compañeiras e estaba desexando poñer a coroa e apagar as candeas.





    Os pementeiros e pementeiras adicáronlle a Aileen unha canción de felicitación chea de intensidade e alegría e, como veredes, a raíña do día estaba ben feliz.


    Despois da felicitación musical chegou o momento de disfrutar das galletas, e estaban todas/os ben pendentes do seu turno para coller unha e comela sen perder tempo.




















                                         
     Unha celebración estupenda! E Aileen penso que a disfrutou moito! Parabéns!

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!!

      Xa estamos de volta! As vacacións de verán remataron e damos inicio ao curso 2026-27. Que ganas temos xa de vernos, falar, cantar, esc...