Como xa non queda nada para rematar o segundo trimestre do curso, é o momento de realizar as bolsas para levar os traballos. Nesta ocasión decidimos facer algo moi creativo e moi divertido. Como nos gusta falar de arte e ver diferentes obras de artistas diversos de épocas e países distintos, estivemos achegándonos á ACTION PAINTING que tan ben representaba o pintor americano Jackson Pollock e puxemos en marcha a técnica do "dripping" ou goteo e salpicado de pintura de xeito libre e aleatorio.
Coas cartulinas pintadas empregando o dripping e a action painting empezamos a elaborar as bolsas. Aquí vos deixo un montón de fotos porque foi un traballo longo e con moitas fases. O resultado final, a bolsa decorada, aínda non a vou a mostrar hoxe, para darlle un pouco máis de emoción.
Pronto veredes o resultado final!