sábado, 15 de febrero de 2025

OPERACIÓNS MATEMÁTICAS CON REGLETAS CUISENAIRE

    O curso pasado empezamos a coñecer as regletas e a entender que nos permiten compoñer e descompoñer os números, facer operacións matemáticas e ver, de xeito claro grazas ás lonxitudes e as cores, as relacións entre os números. De xeito manipulativo, os peques poden ir comprobando cantas unidades hay en cada número e como engadindo cada vez unha unidade se vai formando o seguinte número da serie numérica.



   Os pementeiros/as entenderon rapidamente que cada regleta ten un valor e asociaron con facilidade cada cor con cada valor numérico. A partir de aí empezamos a facer sinxelas operacións matemáticas. Este curso seguimos profundizando na comprensión das regletas e dos conceptos lóxico-matemáticos que podemos traballar con elas. E, de paso, intentamos mellorar habilidades como a capacidade de escoitar, a concentración, a paciencia e a importancia de seguir unhas indicacións para chegar a un resultado.








 







 











 














AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!!

      Xa estamos de volta! As vacacións de verán remataron e damos inicio ao curso 2026-27. Que ganas temos xa de vernos, falar, cantar, esc...