Moitos de vos xa coñecedes as súas pinturas, verdade? Pensade cal é a vosa favorita e pensade que nos quería contar Frida con esa obra. Podedes escribir unha historia sobre o que vos suxire, ou facer a vosa propia versión plástica da mesma (debuxala ao voso xeito, facer unha versión en 3D -unha escultura con plastilina ou elementos de refugallo que teñades por casa-).
Aquí vos deixo algunhas das súas obras para recordala, algúns libros sobre ela, vídeos e unha visita virtual á súa casa azul.
¡ Disfrutade coa arte de Frida Kahlo!



