¡CANTAS COUSAS TEMOS HOXE QUE CONTAR! Un montón de actividades variadas que nos foron quedando no tinteiro e xa tocaba compartir coas familias.
Aproveitando que chegou a primavera e temos algúns días soleados cunha temperatura agradable, decidimos sair facer ioga no exterior. Estábase moi ben, e como estabamos todos/as xuntos/as é máis axeitado facer exercicio ao aire libre. O certo é que fixemos unha sesión un pouco distinta do habitual, sin descalzarnos (porque xa non sacamos as esterillas), en gran grupo e buscando facer estiramentos de brazos, pernas e tronco.
Como sempre digo, na Pementeira traballamos o corpo e a mente, así que despois de estirar os músculos toca estirar as neuronas. Nesta ocasión tocou traballar coas medidas de lonxitude, estivemos vendo o METRO, e traballando en equipo. Primeiro observamos canto é 1 metro (xa que temos unha regla de madeira na aula con esa medida exacta) e despois cada equipo tivo que traballar conxuntamente para facer, entre todos, unha serpe (ou un churro) de plastilina con esa lonsitude. Ao principio costou un pouco entender que non se trataba de facer cada un un churro, senón que tiñan que traballar xuntos para facer un único churro de 1 metro. Para iso tiñan que organizarse e ver como podian facelo pero particpando todos no proceso. Finalmente o equipo Aturuxo logrou coordinarse e superaron a proba e, a continuación, o resto dos equipos tamén o lograron. O proceso tivo a súa complicación xa que había que decidir que facía cada un e todos querían levar a voz cantante e mandar, así que houbo pequenas discusións (bastante frecuentes ultimamente por certo) ata que finalmente comprenderon que traballando unidos podemos chegar á meta. Foi interesante escoitar o que dicía cada un, ver quen se mostraba máis activo ou menos, quen quería liderar o proceso, quen aceptaba suxerencias e se mostraba flexible e quen non.
E como tamén nos gusta xogar e falar inglés, aquí vos deixo un vídeo que xa gravamos antes da Pascua pero que non tivera aínda ocasión de poñer no blog. Con este xogo, ademais de disfrutar cos amigos, practicamos preguntas e respostas en inglés, traballamos a paciencia, o respecto aos turnos e ás normas dos xogos grupais e desenvolvemos certas estratexias e trucos que nos permitan confundir aos adversarios e prolongar o xogo. Aínda que iso da pillería, teremos que traballalo un pouco máis...
Hoxe tivemos ocasión de ler e mirar con detalle o segundo exemplar do xornal "Novas de Infantil" correspondente ao trimestre pasado. Chegou onte (despois dun pequeno retraso por causas alleas a nós) e hoxe todos/as disfrutaron moito mirando con moita atención todas as imaxes. O xoves levarano xa para as casas na bolsa do pasaporte.
E aínda me quedan moitas cousas que contar (e iso que a volta da Pascua está sendo un pouco movidilla na Pementeira, parece que costa voltar á rutina, escoitar e organizarse como todos/as saben facer) pero para que non pensedes que non nos queda tempo para xogar, aquí quedan algunhas imaxes que mostran que no día a día hai tempo para todo, verdade?
Empezamos o trimestre mergullándonos na música tradicional galega. Coñecemos instrumentos típicos e personalidades relevantes da nosa música.
Clara Viturro e a súa mamá, Lydia, prepararon unha presentación sobre instrumentos tradicionais galegos que nos gustou moito. Estivémola vendo na clase con moita atención.
Tamén disfrutamos escoitando e bailando a Muiñeira de Chantada e observamos como é o traxe tradicional de galega que Icía nos trouxo á aula. Moitas nenas querían vestirse como Icía pero non me daba tempo de vestilas a todas porque leva un cachiño poñer estas roupas. Pero si temos ocasión, non hai problema. Polo menos disfrutamos contemplando esta obra de arte que é o traxe de galega. Aproveitando que o 29 de abril foi o Día Internacional da danza, bailamos todos xuntos unha muiñeira.
Seguimos cos nosos retos de investigación. En relación con este tema que estamos traballando, un dos últimos retos foi averiguar qué artista foi a primeira muñer gaiteira que gravou un disco en solitario, tocando a gaita, en España. Ademais, díxenlles que esta gaiteira tiña un apelido que lles ía facer un pouco de graza e que agora estaba vivindo e traballando en New York. Este reto dou moito xogo xa que según a información que cada neno/a recordaba, chegaron varias respostas diferentes coas que, finalmente, coñecemos a tres mulleres gaiteiras importantes.
Verdadeiramente o que resolveu o reto foi Hugo que descubriu que Cristina Pato foi a primeira gaiteira que gravou un disco en solitario. Pero Lucía, Samuel, Jimena, Mauro, Noa, Carmen López, Triana, Aarón e Teo descubriron que hai máis mulleres gaiteiras, por exemplo, a primeira muller gaiteira coñecida foi Áurea Rodríguez que tocaba cos seus irmáns e tamén se considera a primeira "manager" xa que era ela quen organizaba a contratación dos concertos do grupo; e outra gaiteira moi coñecida no nosos país é Susana Seivane.
¡Parabéns a todos/as os/as investigadores/as!
Aproveito xa esta entrada para poñer aquí outros retos propostos na aula que aínda non compartira.
1- ¿Cómo se chaman as cunchiñas que empregan en África para facer adornos de todo tipo, pulseiras, colgantes e tamén nos instrumentos musicais como o axatsé/shekeré? A resposta é o CAURI que tamén se empregaba como moeda nunha época xa pasada.
2.- ¿Qué compositor, que nós coñecemos porque xa falamos de el, está de aniversario o 23 de abril, coincidindo co Día do Libro?. A resposta é Sergei Prokofiev que coñecemos porque no primeiro trimestre traballamos a súa obra "Pedro e o Lobo"
3.- ¿Cómo se chaman os paxariños que lle limpan os dentes e o corpo (quitándolle os parásitos) aos hipopótamos e cocodrilos? Pois hai variospaxaros, un dos máis coñecidos é o pluvial, pero tamén as jacanas, fochas, aves martelo, polluelas negras africanas...