viernes, 13 de octubre de 2023

O RECUNCHO DO NAUTILUS

 Xa chegaron moitas cousiñas para o recuncho do Proxecto Nautilus e, seguramente, aínda chegarán algunhas máis. Os pementeiros/as chegan emocionados coas súas cousas: moitas cunchas, caracolas, libros, xogos e manualidades relacionadas co mar e a vida animal e vexetal que se desenvolve nel. Mirade cantas cousas! Baixo  a atenta mirada de Neptuno, o deus do mar, imos colocando no recuncho todos os obxectos que van chegando.









 



 






    Con todas as cousas que imos recopilando, imos aprendendo novo vocabulario e ampliamos os coñecementos sobre o mar. Así, por exemplo aprendemos que esas caracolas tan bonitas, coas que podemos escoitar o mar, se denominan "Trompeta de Tritón".


     Este caracol de mar é un molusco gasterópodo que recibe ese nome de "Trompeta de Tritón" porque na mitoloxía grega, Tritón, que era fillo do deus Poseidón (Neptuno para os romanos) normalmente se representaba soplando unha destas fermosas caracolas. Un nome moi mitolóxico que lles encanta aos nenos/as.



  E con ese nome tan poético e con tantas reminiscencias histórico/artísticas había que facer unha actividade para traballar un pouco a lecto-escritura.



































    E hoxe estivemos plasmando o "Nautilus" en papel, cada neno/a debuxou á súa maneira o submariño do Capitán Nemo que tanto nos está gustando. Saíron uns debuxos estupendos e encántame ver que, pouco a pouco, os pementeiros/as se van soltando e se animan a facer debuxos personais, plasmando a súas ideas e visións do mundo.


























 E aínda que Julio Verne parece que se inspirou no Peixe Vela para diseñar o seu Nautilus, o certo é que existe un animal mariño que se chama Nautilus.
peixe vela



Nautilus




¿Qué vos parece todo o que estamos aprendendo? ¿Van chegando noticias ás casas ou non?

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!!

      Xa estamos de volta! As vacacións de verán remataron e damos inicio ao curso 2026-27. Que ganas temos xa de vernos, falar, cantar, esc...