Parece que foi onte cando iniciamos o curso escolar e xa chegaron as vacacións de Nadal. Onte tivemos un día cargado de emocións, moitos nervios, moita actividade, enerxía desbordante, desconcerto en moitos casos, música, alegría e tamén algúns berros e enfados (eu penso que coa excitación do momento , estes /as pementeiros/as xa non canalizaban ben as emocións e as ganas de celebración e non había maneira de escoitarnos e de organizarnos). ¡En fin, é o que teñen as festas, , toleamos todos un pouco! Pero o importante é que eles/as disfrutaron a maioría do tempo, viñeron encantados coas súas galas de Nadal, bailaron, recibiron visitas, comeron as uvas, posaron con estilo nas fotos, tocaron as palmas coa Marcha Radetzky...
Celebramos unhas festas de Nadal con todos os elementos imprescindibles e coa alegría de estar todos xuntos. Aquí vos deixo a primeira parate da reportaxe fotográfica do día.
1.- Unha das primeiras cousas que queremos mostrarvos son as nosas bolsas de Nadal. Empregamos varios días de traballo para elaboralas pero finalmente quedaron bastante divertidas.