jueves, 24 de febrero de 2022

HOMENAXEAMOS A ROSALÍA DE CASTRO

    Onte era a nosa obriga adicar o día a Rosalía de Castro, xa que era o seu aniversario e sempre é moi importante recoñecer a importancia da creación literaria no noso idioma e, ao mesmo tempo, valorar  o feito de que fose unha muller a que lle dese un forte impulso a ese Rexurdimento galego.


     Xa sabedes que a semana pasada estivemos decorando unha corche na que escribimos unha estrofa dun poema de Curros Enríquez adicado precisamente a Rosalía. Os compañeiros e compañeiras das outras aulas de infantil encargáronse de facer o mesmo coas outras estrofas do poema e, finalmente, puxemos nun pentagrama as catro figuras musicais co poema completo.


E onte a homenaxe do cole foi plantar unha figueira no seu honor.

















        E agora, últimas fotos coas mandas do Meco xa que mañán haberá fotos espectaculares dos disfraces. Algúns pementeiros/as xa me contaron de que van vir, outros/as daranme a sorpresa. ¡Estou desexando velos!











Ata mañán! Todo o mundo a descansar ben que mañán é un día importante!


miércoles, 23 de febrero de 2022

CUARTA MANDA DO MECO

   E imos pola última manda do Meco antes do gran día do Entroido no que os disfraces musicais van encher de fantasía, alegría e divertimento os espazos de infantil.

   


E mirade que pés tan decorados tivemos hoxe no cole:






   E Jimena, desde casa, sigue pendente do cole e participa nas mandas cun sorriso. Alégrame ver aos nenos e nenas que aínda non viñeron porque así comprobamos que se atopan ben e iso é o que nos importa de verdade.



     Pero hoxe tivemos moitas actividades variadas e, xusto antes de marchar para o comedor e para casa, a profe Irene chegou cunha sorpresa que nos deixou alucinados. Trouxo un sombreiro típico dos Xenerais da Ulla que, como vós xa sabedes, son moi representativos e coñecidos no Entroido tradicional galego. Os xenerais levan traxes de aspecto militar pero engalanados con vistosos elementos cheos de cores e movemento, plumas de pavo real, borlas douradas e lazos de cores. Montan a cabalo e lucen estes sombreiros con moito estilo e grandes doses de equilibrio claro. Todos os pemenetiros/as quedaron abraiados con este sombreiro tan espectacular e, por suposto, non o dubidaredes supoño, quixeron probalo. O sombreiro era tan grande que tiña máis altura que algúns nenos da aula.

                                         
                        

                













   E aproveito xa esta entrada para compartir unha nota que foi hoxe pegada nos cadernos de comunicacións.

O ANIVERSARIO DE DYLAN

  O venres xa tivemos a primeira festa pementeira: o aniversario de Dylan que xa é un mozo de 3 anos.  Como é habitual, primeiro Dylan apago...