viernes, 21 de marzo de 2025

O ANIVERSARIO DE CARLA

       O xoves tivemos, de novo, celebración na Pementeira; nesta ocasión tocoulle o turno a Carla que agora xa é toda unha moza de 6 anos. Non me cabe dúbida que este foi un día feliz para ela e para nós porque nos gusta vela contenta claro, pero resulta que o 20 de marzo é o Día da Felicidade! Así que doble celebración.

    Carla chegou toda contenta co seu apetitoso bizcoito e coa emoción que implica cumplir 6 anos! Apagou as candeas, escoitou co seu sorriso habitual a canción que lle adicamos e repartiu o bizcoito entre todos/as os/as compañeiros/as.
































miércoles, 19 de marzo de 2025

A FRAUTA MÁXICA DE MOZART

    O martes foi un día totalmente espectacular xa que tivemos a sorte de poder ver a representación da ópera de Mozart "A Frauta Máxica" no auditorio do Colexio A Salle en Santiago de Compostela.

  Tiñamos moitas ganas de ver e escoitar esta fantástica obra musical e non nos defraudou. Coñecíamos ben a historia, os personaxes, as aventuras que ían sucedendo, o desenlace final. No cole disfrutamos moito coa lectura desta narración e tamén escoitamos con frecuencia algúns fragmentos como a aria da Raíña da Noite ou o dueto de Papageno e Papagena, así que poder ver todo esto en directo, nun escenario cun precioso decorado e con actores e cantantes de verdade, foi o colofón a todas as actividades que fixemos no cole. A verdade é que o pasamos moi, moi ben tantos os nenos/as como as mestras. Ferro Teatro conquistounos e esperamos poder ver outros espectáculos semellantes.










































                                                   












                                        
                                       





















































                                       




































¡VIVA O TEATRO!
¡VIVA A MÚSICA!
¡VIVA A ÓPERA!
¡VIVA MOZART!



AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!!

      Xa estamos de volta! As vacacións de verán remataron e damos inicio ao curso 2026-27. Que ganas temos xa de vernos, falar, cantar, esc...