Tras as vacacións de Nadal, reanudamos as actividades no cole. Parece que costou un pouquiño retomar certas obrigas, rutinas e normas escolares, pero seguimos intentando facer cousiñas diversas que nos permitan aprender pero tamén disfrutar. Eu sigo insistindo en certos hábitos básicos que nos axudan a ter un ambiente máis relaxado e a disfrutar máis todos xuntos pois somos un equipo e como tal temos que cooperar e procurar poñer da nosa parte para estar ben, precisamente esa a base do noso proxecto anual. Falar berrando e todos á vez dificulta moito a comunicación e acaba facendo que todos nos poñamos nerviosos e tensos, non escoitar e non facer as rutinas cando corresponde retrasa certas actividades que nos gustan como sair ao patio, escoitar un conto, ver os bits de intelixencia etc. Discutir e pelexar por un xoguete, polo sitio na fila, por coller a merenda no percheiro, ou por lavar as mans fai que nos enfademos uns cos outros e, polo tanto, non o pasamos ben.
Estes días estamos preparándonos para celebrar o Día da Paz que se conmemora o vindeiro 30 de xaneiro. Así que estamos falando moito de cómo podemos lograr a paz na aula e como podemos estar en armonía uns cos outros; estamos lendo moitos contos que teñen que ver con cuestións como a resolución pacífica de conflictos, o respecto ás diferencias, a igualdade de dereitos, o significado da amizade; estamos recordando a persoas relevantes como Martin L. King, Malala, Rosa Parks, Wangari Maathai ou Gandhi; estamos escoitando moitas cancións que falan da paz... E estamos empezando a preparar cousiñas para facer algo diferente, cooperativo, artístico e agradable o día 30. A ver que coseguimos..
Así que aquí vos deixo algunhas imaxes da nosa actividade na Pementeira ao longo destes últimos días.








