A piques xa de rematar o segundo trimestre, aproveitamos os últimos días para acabar algunhas tarefas, facer as portadas dos traballos e as bolsas, e non esquecemos adicar algún tempo a practicar ioga e a merendar fóra xa que a primavera nos quere agasallar cunhas raiolas de sol. Mirade cantas cousas diferentes podemos ir facendo cada día si conseguimos organizarnos e manter un pouco a calma e a atención, dá gusto velos facer as diferentes tarefas con naturalidade, soltura e de xeito autónomo. Esperemos que vaian facendo que estas dinámicas se convirtan en algo máis habitual porque como vedes, eles son capaces de comportarse axeitadamente e de disfrutar na aula.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
jueves, 25 de marzo de 2021
REMATANDO O TRIMESTRE
E agora un pequeno adianto da preparación das portadas e as bolsas para levar os traballos. Mañán xa veredes o resultado final que quedou moi alegre e primaveral.
¡E mañán a celebrar a Pascua no cole! A ver se hai algunha visita de sorpresa! Por certo, Seira trouxo unhas galletas e unhas patacas fritas para poñer mañán na merenda (non sei si poderemos facela fóra porque creo que dan choiva), están gardando a preceptiva cuarentena e xa fago eu o reparto como en ocasións anteriores para que non anden os nenos/as tocando a comida. Así que mandádelle pouca merenda (se lle queredes mandar algo porque hai nenos/as que non queren as galletas que poñemos na aula). Tampouco é preciso que traian o mandilón (salvo que queirades que o leven ao comedor).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
RUTINAS DE AULA
Xa estamos rodando no novo curso escolar. Rematado o Período de Adaptación, agora toca ir traballando rutinas con calma pero de maneira ...
-
Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...
-
Chegou o momento de empezar un novo curso escolar, o 2025/26. E unha vez que os nenos e nenas que habitaban as terras pementeiras mar...
-
Hoxe tivemos un día moi especial na Pementeira. Grazas á avoa e á mamá de Carla puxemos en marcha unha experiencia que pode resultar moi i...