sábado, 20 de enero de 2024

PREPARADOS PARA O ENTROIDO!

    O tempo pasa voando, iso é máis que evidente. Rematou o Nadal e inos como foguetes cara o Entroido. Hoxe os nenos e nenas xa levaron para casa unha nota explicando un pouco a temática dos disfraces. Vós xa sodes veteranos/as en infantil e, obviamente, xa sabedes que o habitual é que o nexo de unión dos diferentes disfraces de infantil é o proxecto, neste caso JULIO VERNE. Así pois poderíamos disfrazarnos de escritor, do propio Julio Verne ou partindo das historias narradas por  él podemos inspirarnos en diferentes personaxes, obxectos, lugares, artiluxios, profesións, animais etc. que aparezcan nos seus libros.

     Por exemplo tomando como fonte a obra "20000 leguas de viaxe submariño" poderíamos disfrazarnos de Capitán Nemo, de Nautilus, de pulpo, de submarinista ou, ampliando o tema do mar, de vikingo, de Neptuno, de estrela de mar, de serea, de Tritón, de caracola etc.





    Se partimos de "Viaxe ao centro da Terra" poderíamos disfrazarnos de espeléologo (profesor Lidenbrock), de seta, de dinosaurio, de volcán, de alquimista...



     Se partimos de "Cinco semanas en globo" poderíamos disfrazarnos de explorador (Fergusson), de globo, de elefante, de león, de morabito...



       Se partimos de "A volta ao mundo en 80 días" poderíamos disfrazarnos de Phileas Fogg, de tren, globo, barco, de joven india (Aouda), de maquinista, de detective...



      Pero Julio Verne escribiu multitude de obras e iso amplía moitísmo o abano de disfraces que podemos elixir (Miguel Strogoff, Da Terra á Lúa, A illa misteriosa, El Faro del Fin del Mundo etc.)



Estes son só algúns exemplos de disfraces que se poden adaptar, combinar entre eles ou enriquecer con detalles que axuden a identificas ás personaxes ou o libro ao que pertencen. Seguramente calqueira medio de transporte aparece nalgún libro de Verne, e tamén moitas profesión. Por outra banda hai artiluxios como a brúxula,

     Agora toca ir pensando cal elixir e, posteriormente, veremos as ideas orixinais das familias e desfilando por Padrón mostraremos a creatividade e a imaxinación de todas as familias. A ver se nos sorprendedes cun disfraz orixinal e divertido.

jueves, 18 de enero de 2024

VOLCÁNS E PERIÓDICOS

   Onte e hoxe foron dous días fantásticos na Pementeira. Deses días nos que eu disfruto moito porque comprobo que os nenos e nenas me demostran que o que eu espero deles/as é posible, que son capaces de facer moitas cousas, de respectar normas, de aprender disfrutando, de escoitar contos con interese, de traballar nun ambiente relaxado acompañado de música e de pasar o día xuntos/as, facendo equipo, sin discusións nin enfados. A verdade é que estou moi orgullosa deles e delas e gustaríame que, tamén na casa, os felicitárades e, sobre todo, os animarádes a seguir comportándose así de ben porque aprenden máis e, sobre todo, disfrutan moito máis.

      Estes días estamos recibindo xa algunhas cousiñas para o recuncho:  varias pedras volcánicas, un libro, un debuxo dun volcán e tamén unha reproducción do criptograma que o alquimista Saknussem escribiu nun alfabeto rúnico e que o profesor Lidenbrock descifrou averiguando así como acceder ao centro da Terra a través do cráter do volcán Snaffeldjokull en Islandia.


                   

               


   E Noel tamén chegou moi contento cunhas fotos que fixo cando visitou as Torres do Oeste e o drakkar vikingo en Catoira. A verdade é que aquí en Galicia tamén temos moitas cousas interesantes que visitar.

   Os volcáns están resultando un tema de investigación moi interesante e todas/os están moi interesados xa que isto das explosións, as catástrofes e as situacións de perigo sempre resultan atractivas para os peques. Aprendemos que Islandia é un país de xeo e lume, porque hai moita neve pero tamén moitos volcáns (de feito un deles está ultimamente moi activo, con erupcións ata fai dous días).

   En España tamén temos un volcán, o Teide en Tenerife que varios nenos/as da aula visitaron (e varias das pedras volcánicas que temos agora no recuncho son de alí precisamente).

     Tamén coñecemos o volcán Stromboli, que dá nome a un dos nosos  equipos, un volcán que se atopa en Italia moi cerquiña de Sicilia, onde está outro volcán, o Etna. 

STRÓMBOLI


ETNA (SICILIA)

   Tamén falamos do Vesubio, que entrou en erupción no ano 79 e deixou a cidade de Pompeya completamente sepultada baixo as cinzas e a lava.

POMPEYA  E  O  VESUBIO



     E como xa estábamos metidos en faena, aproveitamos para falar de Santorini, unha fermosísima illa grega que ten unha forma parecida á do volcán  da canción  "I Lava You". Santorini sufriu unha forte erupción volcánica fai miles de anos que provocou o colapso do cono volcánico que acabou mergullado no mar. Agora a illa ten unha peculiar forma con dous "brazos" (coma un croissant) que rodean o cráter do volcán. Hai historiadores que creen que Santorini era o lugar no que se atopaba a mítica cidade da Atlantida.




     Agora xa sabemos un montón de cousas sobre os volcáns e hoxe fixemos unha actividade impresa na que recortamos e pegamos tarxetas coas palabras que dan nome ás súas partes principais . Todo o grupo fixo perfectamente a tarefa, con atención, con interés, sen erros, sen enfados e todos/as tiveron o seu selo de "excelente".




   E cando os días son así de estupendos e todo o grupo colabora, sempre hai tempo de xogar e ata de ler o novo exemplar do periódico Novas de Infantil, que xa mañán levarán a casa.
                                      

                                        














































UN CONTO MOI ANIMADO

    O pasado venres día 5 de xullo tivemos unha visita moi especial en infantil (especialmente para min,teño que dicilo) que fixo que todos ...