miércoles, 27 de septiembre de 2023

REGLETAS E MÁIS COUSIÑAS

    Hoxe estivemos facendo unha actividade moi interesante na Pementeira: traballamos a serie numérica con regletas.

    As regletas son moi interesantes, teñen diferentes cores e diferentes lonxitudes e estivemos observando canto mide cada regleta empregando unha unidade, que é a regleta máis pequeniña, a de cor branca. Cada neno/a tiña unha regleta e tiña que ir contando cantas unidades, cantas regletas brancas facían falta para lograr ter a mesma lonxitude que a regleta que eles/as tiñan. Así que había que ir colocando as regletas brancas ben xuntiñas e despois contar cantas facían falta para completar a lonxitude das outras regletas (a verde, a laranxa, a marrón, a negra, a rosa , a vermella, a amarela...)

   Os pementeiros/as estiveron concentrados facendo a tarefa e despois entre todos fomos observando cal é a regleta máis longa e cantas brancas contiña, despois progresivamente fomos chegando á regleta máis curta e finalmente colocamos a serie numérica, cada número do 1 ao 10 indica a cantidade de regletas brancas que foron necesarias.

























    Despois de traballar tanto e de tomar a merenda, quedou tempo libre para xogar un pouco na aula de psico.










   Aproveito xa esta entrada para mostrarvos a sesión de ioga do venres, na que conseguimos algunhas asanas xa moi ben feitas. Sabemos que hai que seguir practicando e esforzándose porque cada un temos as nosas características e pode que unha asana nos saia moi ben e outra non tanto, algunha parece que nos resulta máis molesta e outra sáenos con facilidade pero o importante é seguir practicando porque o ioga axúdanos a mellorar moitas cousas: coordinación, equilibrio, alineación, exercita a disciplina, a paciencia, a constancia, a superación de retos e frustracións, a concentración e fai que nos sintamos sanos, activos e tamén relaxados.













    E tamén, o venres pasado, empezamos a poñer os gomets nos nosos carnets de devoradores de froita. A ver se o próximo venres poden xa poñer o segundo gomet.



 Mañán seguiremos contando máis cousas.

¡A DORMIR QUE LLUEVE YA!

    Estamos disfrutando moito coas poesías de Gloria Fuertes. Así que onte estivemos gravando unha moi divertida que, ademais, ten moito qu...