jueves, 19 de diciembre de 2024

VIVIMOS INTENSAMENTE O NADAL

   Non é unha frase feita este título. Realmente na Pementeira vívese con moita intensidade o Nadal. Nada máis entrar hai que comprobar se o elfo Trastadín nos deixou algún agasallo deses tan especiais que el sabe deixar, coas panxoliñas empezamos a xornada movéndonos e cantando con enerxía, escoitamos contos de Nadal que nos fan reflexionar un pouco e traballamos sen descando nas nosas bolsas e portadas para poder levar a casa mañán despois da estupenda festa que xa está preparada. O traballo foi moito porque leva tempo poñer todos os detalles, recortar, pintar, barnizar, botarlle esas "ganas de aprender" que dan brillo ás obras plásticas... En fin, que a Pementeira parecía unha fábrica con traballo en cadea na que ían saíndo productos moi chamativos. Para que vexades todo o que tivemos que facer, aquí vos deixo imaxes de todo o proceso. Os 22 nenos/as tiveron que facer a súa parte, por suposto, importante,  e eu andaba por alí dando indicacións e aportando materiais e pequenos detalles finais. E bastante traballo me costou tamén, teño que dicir, porque o Nadal aínda nos pon máis nerviosos do habitual e, por momentos, na aula parece que hai competicións de " a ver quen berra máis" e costa un pouquiño que me escoiten. Ayyy! canta enerxía pementeira se desborda cada mañán! Por iso tamén hai que saltar e bailar con ritmo para liberar esa enerxía! 

     Veña, aí tedes, un montón de fotos para que poidades apreciar todo o proceso de elaboración de bolsas e portadas; mirade canto traballaron!


                      

































 














 









 




















 














 





 

























































































Satisfacción polo traballo feito!












    E mañán xa compartiremos imaxes da festa, da merendola, do mago, dos Reis e da nosa bolsa finalizada. Queremos facer unhas fotos elegantes porque o traballo ben o merece. 
    Pero agora antes de pechar esta entrada tan longa, que vos mostrou todo un proceso de traballo, quero felicitar a Indira por ganar o concurso de postais de Nadal de Vegalsa. Fixo unha postal ben bonita e o premio é merecido. Quero agradecerlle a Indira que me trouxera unha para min, encántame ver estes traballiños e síntome moi orgullosa dela porque eu son unha gran aficionada á pintura e adoro ver aos máis pequenos/as expresarse mediante o debuxo, as cores, as disciplinas plásticas. Parabéns a esta artista pementeira! Sigue pintando e disfrutando,Indira!


VIVIMOS INTENSAMENTE O NADAL

   Non é unha frase feita este título. Realmente na Pementeira vívese con moita intensidade o Nadal. Nada máis entrar hai que comprobar se o...