Na Pementeira estamos xa coñecendo as vocais e facémolo xogando a detectives. Hai moitas vocais perdidas polo medio doutras moitas letras, e os nenos e nenas teñen que estar moi atentos e buscalas para poder levalas cada unha á súa casa. E, por suposto, a tarefa foi un éxito: enchemos as casiñas das vocais traballando en equipo! E, ademais de traballar a observación e o recoñecemento de grafías, tamén fomos realizando unha tarefa de lóxica-matemática: a clasificación.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
martes, 30 de septiembre de 2025
viernes, 26 de septiembre de 2025
2ª SESIÓN DE IOGA: FANTÁSTICA!!!
Rematamos outra semana de cole que foi bastante ben. Vanse notando progresos nas rutinas cotiáns e dá gusto ver como xa conseguimos un pouquiño máis de orden nas entradas, nas merendas, máis autonomía no uso do baño (aínda que hai "accidentes", erros de puntería, pis no chan e cousiñas que temos que mellorar). Eso sí, recoller os xoguetes aínda costa e, as veces, hai que poñerse seria porque hai que aprender que despois de xogar temos que deixar todo no seu lugar, está moi ben cantar "¡a recoller, a ordenar!" pero a canción soa non é máxica e hai que mover as mans. Pero salvo cuestións puntuais que son susceptibles de mellora (pero todo na vida é mellorable) foi unha semana con moitos momentos divertidos, con actividades variadas, con moitos xogos, contos bonitos, cancións alegres e cunha segunda sesión de ioga que foi FANTÁSTICA!!!!!!
Hoxe venres estivemos lendo o libro "Mi papá es de plastilina" e facendo tres asanas (posicións de ioga) que aparecen nel. E teño que dicir que vin moi boas posicións para ser a nosa segunda sesión. Notei máis interese que o venres pasado, máis esforzo e os resultados foron moi bos, Espero que sigamos avanzando así de ben!!!!!
PREPARANDO O SAMAÍN
Estamos xa a piques de celebrar o magosto e o Samaín, e xa aproveito para comentarvos que o xoves día 30 os peques poderán vir disfraza...
-
Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...
-
Chegou o momento de empezar un novo curso escolar, o 2025/26. E unha vez que os nenos e nenas que habitaban as terras pementeiras mar...
-
A adquisición e mellora da motricidade fina é moi importante na educación infantil. Agora que estamos iniciando rutinas como a de poñer...


