jueves, 25 de septiembre de 2025

CONTOS, XOGOS, MÚSICA E TRABALLIÑOS

    Cada día imos dando un paso adiante. Insistimos nas rutinas, que aínda non están interiorizadas. Cada mañán hai que repetir o que temos que facer e aínda nos leva tempo pero tamén teño que dicir que, pouco a pouco, hai xa máis nenos e nenas que se acordan de todo (colgar o abrigo no percheiro, coller a libreta e o mandilón para levar adentro da aula e deixar a mochila no cesto que hai debaixo do percheiro) e tamén xa hai varios/as que intentan e logran poñer o mandilón e abotonarse. O cal indica que hai avances e pronto haberá moitos máis. A medida que van entendendo que poden facer cousas por si mesmos/as e iso fai que se sintan ben, seguro que os progresos serán máis rápidos. É certo que é moito máis divertido xogar co mandilón e cos compañeiros/as que intentar poñelo pero eu vou seguir insitindo en que o fagan porque teño moita confianza nas súas posibilidades. Así que vou aproveitar para aconsellar ás familias que animen aos peques a facer pequenas cousas por si mesmos/as, que non se lle dé todo feito porque se non aínda se van frustrar máis no cole (só estou eu para axudalos, todos/as queren que os atenda de primeiros/as, non lles gusta que lle diga que o intenten, non lles gusta fracasar e tenden a abandoar calqueira tarefa que lle supón un esforzo). Insisto, hai xa moitos avances así que confiemos nas capacidades dos nenos e nenas, e entre todos imos animalos a intentar, a perseverar, e pronto veremos o ben que se sinten cando o logran. Eso sí, unha vez posto o mandilón disfrutamos moito coas cancións que poñemos para iniciar a xornada.

     Hoxe visitounos unha amiguiña do Polo Pepe, a porquiña Clea, que xa moitos/as coñecían. Clea estivo connosco, andaba un pouco axitada dando volteretas e ata se subiu á cabeza da profe, pero foi moi divertida. Despois na hora de traballar tamén estivo moi presente e cando alguén remataba a tarefa dáballe un bico.






















                                        








  Aproveito para poñer as fotos dos que aínda faltaban por pintar o círculo. Para facer as tarefas impresas imos organizando pequenos grupos de traballo para poder prestar unha atención  máis individualizada. Tende en conta que aínda non saben agarrar un lapis ou un pincel, precisan moita axuda e moitas indicacións e aínda non facemos as tarefas en gran grupo. Por iso vou poñendo as fotos "por capítulos".

                                         

                                          

                 



      
                   
     E, por suposto, entre tarefa e tarefa sempre hai tempo de xogar.
                         


















    Como vedes, hai moita actividade, mesmo temos tempo de cantar e bailar. Aquí vos deixo un vídeo bailando xuntos a canción do Polo Pepe. Fáltanos un pouco de organización cando facemos a roda pero espero que sexades benévolos e pensedes que é a segunda vez que a bailamos, así que cun pouquiño máis de práctica vainos sair insuperablemente ben. Pero aínda que non nos saia perfecto,o importante é que todos/as participamos e disfrutamos.

  Hoxe fixemos unha actividade de observación e identificación. Como auténticos detectives puxémonos a buscar letras. Como tivemos pouquiño tempo, só buscamos a A e máis a E pero mañán buscaremos máis porque había nenos e nenas que querían continuar coa tarefa e xa non nos daba tempo porque tocaba prepararse para ir ao comedor.













 














1 comentario:

CONTOS, XOGOS, MÚSICA E TRABALLIÑOS

    Cada día imos dando un paso adiante. Insistimos nas rutinas, que aínda non están interiorizadas. Cada mañán hai que repetir o que temos...