martes, 16 de septiembre de 2025

RUTINAS DE AULA

    Xa estamos rodando no novo curso escolar. Rematado o Período de Adaptación, agora toca ir traballando rutinas con calma pero de maneira continuada para ir logrando que estes pequepementeiros/as vaian sendo más autónomos/as e gañen confianza eseguridade en si mesmos. Cando lles mostramos o camiño para facer as cousas por si mesmos, en lugar de facelas nós por eles/as, o que lles transmitimos é que son capaces, que poden superar retos, que poden actuar por si mesmos e ser independentes e iso é unha das aprendizaxes máis importantes que lles podemos axudar a lograr.

   Só levamos dous días e non vou dicir que está todo logrado, claro que non. Poñer o mandilón costa traballo e tampouco hai moitas ganas de intentalo (porque obviamente tampouco é a actividade máis interesante do mundo). Por outra banda fai falta un pouquiño de paciencia para esperar turno porque a profe só ten dúas mans e ten que ir axudando a cada un. É normal que lles coste esperar, que queiran conseguir todo rápido, que se frustren cando os botóns "non funcionan" (como me dixo hoxe unha nena que non era capaz de meter o botón polo ollal) pero temos que ir insistindo en que non todo se logra á primeira, que hai que intentalo, repetir e practicar.

   De todos xeitos, hai intentos e hai tamén avances. E cada día que pase veremos máis progresos así que temos que ser pacientes, e darlles tempo a que o vaian logrando.

    ¿Qué rutinas estamos a traballar?

  •     Cando entramos no cole saudamos.
  •    Sacamos a mochila e o abrigo. Colgamos o abrigo no percheiro (onde está a súa foto e o seu nome).
  •    Sacamos a libreta da mochila e colocamos a mochila no cestiño que hai baixo os percheiros (onde está o nome, en cada cesto van dúas mochilas porque son moitos nenos/as enon hai un para cada un).
  •   Collemos o mandilón e a libreta e entramos na aula. Colocamos a libreta na cubeta vermella onde eu xa lles indiquei.
  •   Intentamos poñer o mandilón.
  •  Sentámonos na asamblea para cantar unha canción de saúdo. Contamos conto.
  •  Na hora da merenda, collemos o tupper/bolsa e a auga na mochila e merendamos na mesa.
  •   Recollemos merenda (tiramos a basura) e antes de ir ao patio imos ao baño.
  •   Recollemos xoguetes cando remata o período de xogo.
  •   Imos ao baño antes de ir ao comedor.
    Sei que parecen moitas cousas pero repetimos moito e eles/as aprenden rápido. Moitas veces non fan certas tarefas por comodidade, porque llas facemos os adultos ou porque, obviamente, é moito máis divertido entrar na aula e ir correndo a xogar na cociña ou nas construcións. Así que veredes como ben pronto estes nenos e nenas xa fan todas estas cousiñas con soltura e naturalidade.
    Agora veredes nas fotos como algúns xa intentan abotonarse, xa hai por aí algunha nena que pon o mandilón soíña e abotona. E tamén vos digo que os que consiguen abotonar algún botón póñense ben contentos por logralo, así que temos que potenciar esa satisfacción. 

          

          




    E facemos máis cousas que poñer mandilóns e todo iso: pintamos, cantamos, bailamos, xogamos...










































 

    E finalmente, hoxe iniciamos outra rutina que faremos ao entrar do patio cando vimos cansados de correr e xogar, sudados e cheos de enerxía: o momento da relaxación. Para relaxarnos e poder concentrarnos nalgunha outra tarefa, pousamos a cabeza na mesa sobre os brazos e pechamos os ollos mentres disfrutamos do "Nocturno" de Chopin. Non vou dicir que chegamos á unha relaxación completa pero non estivo nada mal e algunha pementeira xa me dixo que "esa canción es muy bonita, se lo voy a decir a mi madre". Aquí vos deixo un vídeo da nosa primeira sesión de relaxación.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

RUTINAS DE AULA

    Xa estamos rodando no novo curso escolar. Rematado o Período de Adaptación, agora toca ir traballando rutinas con calma pero de maneira ...