O venres tivemos a nosa primeira sesión de ioga. Foi unha toma de contacto porque tamén foi o primeiro día de inglés e quizá son moitas novidades para o mesmo día e houbo un pouquiño de lío para organizar a mañán. Pero pouco a pouco iremos asumindo o horario e as novas tarefas que imos afrontando. Para facer ioga imos á aula de psicomotricidade. O normal é empregar as esterillas pero para iso hai que descalzarse e aínda non hai suficiente autonomía polo que imos esperar a ter soltura poñendo e quitando mandilón, vestíndose e desvestíndose para ir ao baño e, despois, xa traballaremos o de calzarse e descalzarse.
Para achegarnos a esta práctica do ioga empezamos sentándonos coas pernas cruzadas, respirando profundo e dicindo OMMMMMM!. Costa traballo porque necesitamos calma e paciencia. Seguro que me ides escoitar moito estas palabras porque fai falta reforzar estas habilidades, hai moita enerxía, moita impulsividade e moita prisa. É normal a estas idades pero tamén temos que potenciar o autocontrol para vivenciar de xeito máis consciente moitas actividades.
Fixemos dúas posicións: o can boca abaixo (Adhomukha) e o león (Simhasana)-
Cada día un pequeno grupiño de pementeiros/as pintan con pincel un cículo. Imos traballando en pequeno grupo para poder estar ben atentos/as e fixarse en como agarrar ben o pincel e centrarse nas pinceladas controlando a presión, a intensidade e a dirección procurando que non saia a cor por fóra porque se non xa non parecerá un círculo. Traballamos control grafomotriz, atención, concentración e un concepto de lóxica-matemática (figura xeométrica: o círculo).A verdade é que con coidadiño, o traballo está saíndo moi ben.
E sempre hai tempo para xogar, porque xogando tamén aprendemos moitas cousas e perfeccionamos habilidades diversas.
Como me gusta ver lo que hacen y aprenden, pero sobre todo como disfrutan haciéndolo 😍
ResponderEliminar