lunes, 22 de septiembre de 2025

PRIMEIRA SESIÓN DE IOGA. SEGUIMOS PINTANDO E DISFRUTANDO

       O venres tivemos a nosa primeira sesión de ioga. Foi unha toma de contacto porque tamén foi o primeiro día de inglés e quizá son moitas novidades para o mesmo día e houbo un pouquiño de lío para organizar a mañán. Pero pouco a pouco iremos asumindo o horario e as novas tarefas que imos afrontando. Para facer ioga imos á aula de psicomotricidade. O normal é empregar as esterillas pero para iso hai que descalzarse e aínda non hai suficiente autonomía polo que imos esperar a ter soltura poñendo e quitando mandilón, vestíndose e desvestíndose para ir ao baño e, despois, xa traballaremos o de calzarse e descalzarse.

    Para achegarnos a esta práctica do ioga empezamos sentándonos coas pernas cruzadas, respirando profundo e dicindo OMMMMMM!. Costa traballo porque necesitamos calma e paciencia. Seguro que me ides escoitar moito estas palabras porque fai falta reforzar estas habilidades, hai moita enerxía, moita impulsividade e moita prisa. É normal a estas idades pero tamén temos que potenciar o autocontrol para vivenciar de xeito máis consciente moitas actividades. 



     Fixemos dúas posicións: o can boca abaixo (Adhomukha) e o león (Simhasana)-















    Tamén tivemos tempo de volver a saudar a Galopín, que nos gusta moito. Estamos aprendendo unha rima coa que traballamos, vocabulario, ritmo, entonación, e tamén viaxamos polo mundo.







































   Cada día un pequeno grupiño de pementeiros/as pintan con pincel un cículo. Imos traballando en pequeno grupo para poder estar ben atentos/as  e fixarse en como agarrar ben o pincel e centrarse nas pinceladas controlando a presión, a intensidade e a dirección procurando que non saia a cor por fóra porque se non xa non parecerá un círculo. Traballamos control grafomotriz, atención, concentración e un concepto de lóxica-matemática (figura xeométrica: o círculo).A verdade é que con coidadiño, o traballo está saíndo moi ben.













        E sempre hai tempo para xogar, porque xogando tamén aprendemos moitas cousas e perfeccionamos habilidades diversas.






















E hoxe tamén sacamos algunhas fotos no patio.
























3 comentarios:

  1. Como me gusta ver lo que hacen y aprenden, pero sobre todo como disfrutan haciéndolo 😍

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A min encántame que visitedes o blog porque realmente é unha pequena ventá para obeservar o que facemos na aula. Non todo é posible mostralo, claro, porque non sempre podo ter a cámara na man como é lóxico, pero cando podo facer unha "batida" de fotos, gústame que as vexades porque realmente pasamos moitos momentos bos no cole e é moi bonito e motivador para eles/as que vós os disfrutedes tamén en familia. Grazas por visitar o blog e por deixar o teu comentario.

      Eliminar
    2. Sii a violeta le gusta mucho que veamos las fotos juntas y me habla mucho de galopín, dice que un día le va a contar el cuento “do peto da risa” que lo leemos para dormir

      Eliminar

TRIÁNGULO

      Xa coñecemos varias figuras xeométricas: o círculo, o cadrado e o triángulo. Imos memorizando rimas sinxelas e xogamos a clasificar fi...