viernes, 26 de septiembre de 2025

2ª SESIÓN DE IOGA: FANTÁSTICA!!!

    Rematamos outra semana de cole que foi bastante ben. Vanse notando progresos nas rutinas cotiáns e dá gusto ver como xa conseguimos un pouquiño máis de orden nas entradas, nas merendas, máis autonomía no uso do baño (aínda que hai "accidentes", erros de puntería, pis no chan e cousiñas que temos que mellorar). Eso sí, recoller os xoguetes aínda costa e, as veces, hai que poñerse seria porque hai que aprender que despois de xogar temos que deixar todo no seu lugar, está moi ben cantar "¡a recoller, a ordenar!" pero a canción soa non é máxica e hai que mover as mans. Pero salvo cuestións puntuais que son susceptibles de mellora (pero todo na vida é mellorable) foi unha semana con moitos momentos divertidos, con actividades variadas, con moitos xogos, contos bonitos, cancións alegres e cunha segunda sesión de ioga que foi FANTÁSTICA!!!!!!

   Hoxe venres estivemos lendo o libro "Mi papá es de plastilina" e facendo tres asanas (posicións de ioga) que aparecen nel. E teño que dicir que vin moi boas posicións para ser a nosa segunda sesión. Notei máis interese que o venres pasado, máis esforzo e os resultados foron moi bos, Espero que sigamos avanzando así de ben!!!!!












                
                                                     

                Estas son as tres asanas que practicamos hoxe: a postura da árbore (Vrksasana), o can boca abaixo (Adho Mukha) e o triángulo (Trikonasana). Mirade que ben fixeron estas asanas!!!!





                                       
                               














   Eu tamén fixen AdhoMukha, o can boca abaixo e, de repente, os nenos e as nenas estaban do revés!!!!
















     Fantástica sesión de ioga! Rematamos con calma, con paz e coa satisfacción do traballo ben feito! OOOOMMMMMM!!!!









      Facer ioga supón un montón de beneficios para o noso corpo e para a nosa mente. Traballamos a coordinación, o control corporal global, o equilibrio... Melloramos a atención, a concentración e a paciencia... Fomentamos a flexibilidade, a resistencia de músculos e ósos e melloramos hábitos respiratorios que nos axudan a calmarnos pero tamén a osixenarnos de xeito máis efectivo. Potenciamos a nosa capacidade de esforzarnos e superar pequenos retos cada día, axúdanos a ser responsables e ter afán de superación, a conectarnos co noso corpo de xeito profundo e traballar o control mental. Os beneficios do ioga son moitos e variados e abarcan tanto a parte física, a saúde do corpo, como a parte psíquica, a saúde da nosa mente.



    E para rematar, aquí están as últimas mostras do traballo de aula cunha actividade impresa que empezamos onte coa compañía da porquiña Clea que nos acompañou na tarefa.








                                        
                                         
                                         
                                         



                                         

    Agora toca disfrutar do fin de semana en familia e a próxima semana será tamén estupenda no cole!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

2ª SESIÓN DE IOGA: FANTÁSTICA!!!

    Rematamos outra semana de cole que foi bastante ben. Vanse notando progresos nas rutinas cotiáns e dá gusto ver como xa conseguimos un p...