viernes, 18 de diciembre de 2020

PERSONALIDADES UBUNTU: FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE

    Onte e hoxe estivemos falando na Pementeira dun home que foi moi especial para min na miña infancia. Félix Rodríguez de la Fuente, porque co seu traballo en defensa da natureza, a súa maneira de transmitirnos un enorme respecto e amor polos animais, a capacidade que tiña de expresar con claridade pero con profunda pasión todo o que él sabía e investigaba sobre a vida salvaxe, logrou manternos pegados á televisión semana tras semana a nenos/as e non tan nenos naqueles anos nos que se emitía "O home e a Terra".

   Félix Rodríguez de la Fuente espertou unha conciencia ecolóxica na poboación nun momento no que non  se falaba de ecoloxía, no que aínda non tiñan unha presencia chamativa grandes asociacións e organizacións que loiten pola conservación dos ecosistemas, en contra da polución e contaminación do planeta ou pola preservación de especies animais atacadas polo home, nun momento no que as redes sociais non existían e sin o apoio de famosos que publicitaran a súa causa Grazas a el cambiaron certas leis en España e modificamos a nosa percepción errónea sobre animais como pode ser o lobo.

   Seira contounos o que estivo investigando sobre Félix e todos xuntos vimos a súa presentación. Despois como ven sendo habitual fixemos unha ficha recollendo algúns datos importantes sobre este naturalista español que deixou unha pegada importante en todos os amantes da natureza e a vida salvaxe.


























    Nestes momentos nos que nos enfrentamos a unha pandemia provocada por un virus procedente do mundo animal, é importante saber que entre os factores que poden favorecer a aparición de novos virus están o cambio climático, o tráfico de animais, a invasión dos espazos antes despoblados e ocupación de hábitats de distintas especies animais, a masificación das cidades... así que, as ensinanzas e mensaxes de Félix Rodríguez de la Fuente deberían estar moi presentes e todos teríamos que reflexionar moito sobre o que estamos a facer co noso planeta.


   Por certo, hoxe tamén fomos levar algunhas cartas máis ao buzón que temos no corredor do cole. Se algún neno/a aínda a está escribindo que non se preocupe que o luns temos tempo para levala tamén.






   

miércoles, 16 de diciembre de 2020

CARTAS ENVIADAS E PORTADAS REMATADAS

       A puntiño xa de rematar o trimestre, estamos facendo as últimas tarefas e preparándonos para celebrar o Nadal coa ilusión e alegría que merece. 

     Así que unha das cousas que tocou facer hoxe foi levar as cartas dos Reis Magos ao buzón instalado no cole polo Equipo de Extraescolares. Os pementeiros/as estaban encantados/as de poder enviar xa as súas cartas, e todos os que queiran facelo nestes días por suposto poderán facelo sin problema. Aínda hai tempo, así que os nenos e nenas poden escribir a carta e traela si queren, aínda que xa sei que moitos/as xa as enviaron porque tanto Papá Noel como os Reis Magos, os seus axudantes e moita xente que tamén colabora desde os concellos, colocan moitos buzóns en lugares diversos para que ningún neno/a deixe de mandar as súas misivas.  








     Outra cousiña para contarvos é que xa están listas as portadas para os traballos deste primeiro trimestre do curso 20-21. Aquí vos deixo as fotografías que recollen un pouco o proceso de creación (plasmar todo é difícil porque non sempre temos tempo de sacar fotos).



















































E despois de posar para a foto, pintar con témpera, estampar, debuxar, botar purpurina e colocar cada cousa no seu sitio, aquí está o resultado final. ¡Fai un fríooooooooooo!






















 E, para pechar esta entrada, aquí vos deixo a nosa felicitación pementeira para estas festas que se aproximan. No lateral dereito do blog, clicando na imaxe que pon BO NADAL tamén a podedes ver. Grazas por colaborar, espero que ese vídeo conxunto vos anime un pouquiño, vos faga sorrir e vos dé un puntiño de optimismo (que xa sei que cos vosos fillos e fillas na casa e sans está sempre presente) nesta situación. Sempre hai motivos para unha risa, para un pensamento positivo, para unha canción, para unha broma, para un xogo e para disfrutar do que temos.

ACHÉGANSE O SAMAÍN E O CASTAÑAZOFEST

  Estamos a piques de rematar o mes de outubro e,polo tanto, de celebrar a máxica festa do Samáin. Unha celebración ancestral que nos recor...