miércoles, 19 de junio de 2024

PERIÓDICOS, MURAL DO DÍA DA PAZ E PREMIOS DA FROITA

   Estes días andamos con moito, moito axetreo. Temos cousas que rematar porque xa non quedan días de cole, agora estamos na recta final, estamos ensaiando cada día para o festival, revisando ben quen non rematou a bolsa ou a portada (porque houbo moitos nenos/as enfermos ultimamente e fomos facendo as cousiñas cando era posible), explicando detalles da actuación e do último día de cole... en fin que non paramos. E ademais chegou xa o último número do xornal Novas de Infantil  e había que miralo con atención para estar ao día das últimas noticias do cole.






























        Coa chegada do mes de xuño, rematamos o mural do Día da Paz. Como é un proxecto con certa complicación, xa que é unha pintura grande, que está no exterior e que é complicado pintar nesa superficie de bloques rugosos (non é o mismo que pintar nunha parede recebada e lisa) leva moito tempo facelo e sempre considero un éxito lograr finalizalo. Xa levamos varios anos deixando a nosa pegada nas paredes do patio, os nenos e nenas de infantil sempre poñen o seu gran de area nesta obra colectiva na que pode participar todo o alumnado do centro. Con estes murais queremos comunicar a noso desexo de que no mundo se deteñan todos os conflictos armados, que cesen as guerras e que empecemos todos e todas a comprender que a paz é o único camiño que deberíamos seguir. Nesta ocasión a idea do mural é unha amalgama de imaxes de artistas contemporáneos que fan arte na rúa, graffitis ou arte dixital como o dúo Lediesis, Dido, Shamsia  Hassani e Banksy.

    Aquí vos deixo un vídeo no que se percibe todo o proceso de traballo e no que se ven todos os pementeiros/as armados con pinceis e empregando as cores para loitar pola paz.


    Hoxe estivemos facendo de artesáns da xoiería elaborando colares e pulseiras como premio por tomar froita os venres. cada neno/a tivo que contar cantos gomets tiña no seu cartón da froita (cada venres que comían froita, poñían un gomet) e por cada gomet que tiñan podían elixir un abalorio para facer un colar ou unha pulseira. Así fixemos unha actividade de matemáticas (contar) e outra de motricidade fina (que sempre ven moi ben) e tamén de creatividade xa que cada un elixia os abalorios e os organizaba ao seu gusto. Foidivertido aínda que houbo que insistir un pouco na paciencia, xa que estes nenos/as queren todo inmediatamente, cóstalles respectar turnos e  comprender que as cousas levan o seu tempo. Pero bueno, conseguímolo e todos/as tiveron o seu agasallo por ser devoradores de froita!














                     






















                 



              































No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...