lunes, 10 de junio de 2024

MÁIS COUSIÑAS DE ÁFRICA

      O noso recuncho africano, está cheo de obxectos diferentes relacionados con África por onde Fergusson fixo a súa viaxe en globo na famosa obra de Julio Verne. As últimas aportacións  dos nenos/as ao recuncho aínda non as compartira no blog, así que alá van.





   Coas cousiñas que van chegando, coas lecturas, vendo pelis e ata cantando cancións imos aprendendo un montón de cousas sobre África. 
    De vez en cando, a min gústame plantexar o que eu chamo "retos de investigación" que non son máis que preguntas, interrogantes, cuestións sobre as que quero sementar curiosidade para que os peques cheguen a casa, as conten, e as investiguen. Non é máis que unha maneira de crear novos intereses, de potenciar a atención e a memoria, e de sentar os cimentos de habilidades de investigación, todo isto é moi importante para os pequenos/as, para que "aprendan a aprender", para que constrúan o seu propio coñecemento, para que se vaian facendo autónomos, para que medren sendo nenos e nenas que non só repiten mecánicamente o que fixeron nunha ficha ou o que lles repetiu a profe dez veces, senón que se convirtan en axentes activos da súa aprendizaxe e desenvolvan o pracer por investigar e descubrir por si mesmos. Neste trimestre plantexei tres retos, o primeiro foi averiguar como se chamaba ao baobab en África, que outras denominacións tiña. A respost chegou da man de Irea e Mateo L. que nos contaron que se chamaba : Árbore botella, árbore das palabras, árbore do pan do mono e árbore da vida. O segundo reto  foi averiguar como se chamaba o explorador británico que cando chegou ás cataratas Mosi-oa-Tunya (o fume que trona) lles puxo o nome de Cataratas Victoria (como a raíña inglesa). Mateo L. investigou e contounos que foi Livingstone.

    E o terceiro reto xurdeu do libro que trouxo Carla, vendo animais que viven no cráter do Ngorongoro, entón preguntei por qué había un burato tan grande nese lugar, que foi o que fixo ese cráter tan grande. E novamente Mateo L. investigou e contounos que foi porque alí había un volcán.  E ata nos trouxo o debuxo!


  Ademais de descubrir todas estas cousas tan interesantes, disfrutamos moito cos contos africanos como A pequena Caperucita africana ou Rafara.






       Coa Pequena carapuchiña africana coñecemos ao auténtico home araña, que non é Spiderman, senón  Kouakou Anansi (Kwaku ou Kweku, pode aparecer escrito de diferentes maneiras). Anansi é un personaxe da mitoloxía Akan, do oeste de África (Ghana, Costa de Marfil...). É un personaxe cheo de inxenio, creatividade, un embaucador intelixente que sabe empregar a súa astucia para conseguir o que quere. Anansi é fillo do Deus Nyame. Nyame era o dono de todas as historias (contos, narracións, mitos) e Anansi quería esa sabiduría para el, así que lle pediu a seu pai que llas dera. Nyame retouno a conseguir tres cousas, tiña que facerse cunha serpe Pitón, abellas e un leopardo. Nyame pensaba que ese reto que lle propoñía era suficientemente perigoso e difícil para que Anansi non o conseguira pero a astucia e o inxenio de Anansi lograron superar o reto e, desde entón, Anansi é o dono de todas as historias. Na aula tamén puxemos un mural deste ser tan interesante e os peques fixeron debuxos e ata o modelaron con plastilina.















   Espero que disfrutedes con estas historias como tamén o fan os nenos e nenas. ë importante que vexan modelos diferentes de persoas, de razas distintas, con aspectos diferentes e que escoiten palabras diversas que dan nome a realidades lonxanas ou pouco coñecidas porque así abren a mente a outros coñecementos. A literatura, as lecturas non teñen que ser sempre autocomplacentes, é bo que xeren conflictos cognitivos, que provoquen preguntas, que fagan meditar e reflexionar sobre cuestións que non son cotiás ou habituais, porque sólo así se explica o mundo, desde a diversidade, desde as diferencias, non quedándonos só con aquelo que nos fai sentir seguros e cómodos. 
   Esta reflexión que estou facendo aquí é nunha parte importante propia, pero tamén ven reforzada por unha fantástica lectura que estou facendo estes días. Por si , dentro dos visitantes deste blog, hai lectores empedernidos, anímovos a ler unha obra insuperable coa que estou aprendendo e disfrutando moito: "El infinito en un junco" de Irene Vallejo. Seguro que algúns/as de vós xa a coñecedes, e os/as que non, animádevos a ler este libro porque é tremendamente enriquecedor. Ese "junco" do título non é máis que o papiro, do que os/as pementeiros/as saben moitas cousas, e supón a orixe dos libros, das bibliotecas, da formación dos nenos/as, da historiografía... En fin, alá en Exipto, desa plantiña que medraba ás marxes do Nilo, xurde o libro, e despois de miles de anos, aquí siguen. 
      


    E xa posta a facer recomendacións, facede unha paradiña nas vosas tarefas e escoitade esta entrevista a Boniface Ofogo, un narrador de historias, un home que, como el di, vive do conto, autor de moitos contos infantiles como por exemplo "O león Kandinga" que temos na aula. É importante escoitalo e reflexionar sobre o que el di.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...