Hoxe tivemos de novo unha celebración de aniversario. Non paramos de celebrar cumples. Cómo medran estes nenos e nenas!!!. Pero ademais de celbrar un cumple, tiñamos unha tarefa importante que facer: ir recoller leitugas á horta e levalas ao comedor para poder degustalas ao mediodía. Pero imos por partes...
O máis importante do día foi, por suposto, celebrar o cumple de Marco que xa está dentro do club dos 5 anos. Xa levaba uns días facendo a conta atrás, e avisando dos días que quedaban para o evento. Así que hoxe tivemos o apagado oficial das candeas, con concentración e enerxía porque tamén se resistían, a canción de Feliz Cumpleanos e o reparto de galletas que é sempre un momento moi esperado e moi feliz para estes peques.
No hay comentarios:
Publicar un comentario