domingo, 16 de junio de 2024

DÍA DA DIVERSIDADE

  O xoves recibimos no cole a Vanessa do CIM Terras de Iria que nos visitou para realizar, unha vez máis, unha actividade de concienciación sobre diversidade. Na Pementeira insistimos moito na importancia de respectar as diferencias sexan do tipo que sexan, todos/as temos algo que nos diferencia dos demais, pode ser a cor da pel, o tipo de pelo, a estatura, o peso, a maneira de vestir, o tono de voz, a nosa procedencia, as nosas habilidades, as cousas que nos gusta facer ou que non, en fin, multitude de cousas que nos fan diferentes e únicos/as. Nestas idades costa entender isto, o mellor dito interiorizalo, aparentemente os nenos e nenas comprenden o concepto en sí pero a súa tendencia é ser iguais entre si, todos queren levar a mesma roupa, traer a mesma merenda, facer os debuxos iguais, contestar o mesmo ás preguntas que eu fago... Por iso eu insisto moito en que é importante animar aos peques a que pensen por si mesmos e non se deixen levar polo grupo, non é doado por suposto, pero hai que potenciar o feito de que sexan eles/as mesmos/as. É certo que en moitas situacións pode parecer que marcamos un camiño que leva a nenos e nenas ao mesmo fin, pero non é así, como eu sempre lle digo, temos unhas normas, uns horarios, unha determinada organización que é igual para todos/as porque na vida en sociedade precisamos ter un marco que protexa o ben común, no que todos/as teñamos uns dereitos e unha liberdade que non pisen os dereitos e a liberdade dos/as outros/as. Pero unha vez comprendido ese marco común que implica ese respecto aos demais, é importante comprender que somos diferentes por multitude de factores e temos que entender, valorar, respectar esas diferencias.

    Vanessa contoulles un bonito conto que xa moitos nenos e nenas coñecen: O monstro rosa. E despois plantexou unha tarefa na que había que "vestir" a uns personaxes, elixindo a roupa. A finalidade sería romper certos estereotipos de xénero de maneira que a un home poderíamos poñerlle prendas de roupa que habitualmente asociamos coas mulleres e viceversa. Ao principio, Vanessa xa lle entregaba os recortes coa roupa a cada nena/o pero despois intentamos animar aos peques a escollela eles/as e, obviamente, a súa tendencia era coller vestidos e zapatos de tacón para as mulleres e pantalóns, traxes de chaqueta e corbatas para homes. intentamos facerlles ver que estábamos intentando cambiar esas imaxes tradicionais, e que podíamos buscar algo máis rompedor como poñerlle a un home un vestido de festa brillante e uns zapatos altos. 































No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOAMOS ALTO E LONXE CO PROXECTO PLUMAS

   Avanzamos a toda velocidade no noso PROXECTO PLUMAS. Estamos aprendendo moitas cousas, moita información concreta sobre aves diversas, p...