Hoxe tivemos un día axetreado. Despois do ensaio a primeira hora da mañán como é habitual (ensaio fantástico, por certo, espero que mañán vos mostren a todos/as o ben que bailan e canta enerxía desprenden), celebramos o aniversario de Manuel e a graduación dos nenos e nenas de 6º de infantil, que emprenden no mes de setembro unha nova aventura en primaria.
Empezamos co primeiro acto relevante do día que foi a celebración do cumple de Manuel que xa ten 5 anos.
E o segundo evento salientable do día foi a graduación do alumnado de 6º de infantil. Todas e todos estaban emocionadas/os recollendo os seus diplomas das mans das súas mestras. ¡Parabéns para todas/os e boa viaxe a primaria!
No hay comentarios:
Publicar un comentario