jueves, 19 de septiembre de 2024

IMOS VOAR CO NOVO PROXECTO

    Iniciamos o novo curso e iniciamos novo proxecto. Espero que algúns pementeiros e pementeiras xa o contaran na casa. A primeira tarefa, cando aínda os peques non sabían o tema central do traballo deste curso, consistiu en buscar pistas polo patio. Apareceron todas con bastante facilidade, bueno, realmente todas menos unha que costou bastante atopar.






































    Despois de atopar todas as pistas (tamén hai que dicir que unha foi atopada polas mamás e papás que viñeron recoller aos peques, porque o vento debeu de botala fóra do patio de infantil) chegou o momento observalas, organizalas e sacar conclusións. Houbo certo debate sobre o tema, algúns dicían que o tema era os animais, outros dixeron os seres vivos, outros os dinosaurios (e iso que só había un dinosaurio no medio de todas as demais pistas), outros opinaban que o tema eran os bufos pero finalmente parace que chegaron á conclusión correcta: AS AVES.




   O seguinte paso foi averiguar o título, que como eles imaxinaban estaba nesas letras soltas que atoparon. Pero había que organizalas ben para formar unha palabra. E aí teño que felicitar a África porque rapidamente descubriu que a palabra era PLUMAS, así que lle pedín que comprobara se acertara e para iso tiña que poñer as letras en orden e, sen dubidar nin un segundo, organizou perfectamente as letras.
                                    
                                    




                                        

                                        
                                 

PROXECTO PLUMAS
EMPEZAMOS A VOAR!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VIVIMOS INTENSAMENTE O NADAL

   Non é unha frase feita este título. Realmente na Pementeira vívese con moita intensidade o Nadal. Nada máis entrar hai que comprobar se o...