Empezamos xa coa rutina do Pasaporte Lector pero coa novidade de que estreamos bolsas. Nesta ocasión, as bolsas son máis resistentes, ou iso espero, e moito máis artísticas xa que cada nena e cada neno decoraron a súa con toda liberdade seguindo o seu instinto creativo. Eles disfrutaron moito con esta actividade e espero que a vós tamén vos gustaran.
Agora espero que os peques ademais de disfrutar pintando, que é xenial e a min me fai feliz, disfruten tamén moito lendo as historias que levan para a casa cada venres.
Que chulas quedaron as bolsas. Gustáronnos moito. Que artistas estes pementeiros🎨 .
ResponderEliminarQue bonito está quedando o avecuncho gustanos moito igual que o seu nome🤣😂🤣
Quedaron simpáticas, cada unha coa personalidade do autor ou autora. A ver se son máis resistentes que as outras, polo menos parecen. E o avecuncho está medrando bastante e xa estamos falando de moitas cousas! Lidia, graciñas por visitar o blog e deixar o teu comentario.
Eliminar