Estamos xa empezando a voar coas nosas plumas e organizando un "avecuncho" na nosa aula cos materiais que imos recibindo. Antes de iniciar unha exploración máis profunda do mundo das aves, fixemos na pizarra o "Panel das tres preguntas" para ir tanteando os coñecementos e intereses dos nenos e nenas da Pementeira sobre este tema. Teño que dicir que lles está costando un pouquiño expresarse, contar o que saben ou pensan , participar nestas tarefas de expresión oral... Están un pouco descentrados, cóstalles atender ás actividades, chegan con sono pola mañán ... Pero, pouco a pouco, intentamos arrancar, retomar as rutinas, centrar a atención e facer cousas diferentes, que xa estamos a piques de rematar setembro e temos moito que investigar.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
martes, 24 de septiembre de 2024
ORGANIZANDO O NOSO "AVECUNCHO"
Despois de expresar os coñecementos previos e de plantexar algunhas preguntas, xa houbo pementeiros/as que empezaron a investigar...
Coas cousas que foron traendo empezamos a organizar o noso "avecuncho" que está xa repleto de libros e outras cousiñas máis. Tamén coloreamos uns paxariños que están voando pola aula.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
COMPLETANDO O "FAROCUNCHO"
O noso recuncho luminoso, o farocuncho que nos guía no noso camiño de investigación vai medrando moi rápido, tanto que non me dá tempo...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...
-
Hoxe,o noso cole encheuse dunha enerxía especial, un aire africano que chegou da man dun auténtico griot, un contador de contos nacido ...
-
Este venres 17 de abril, recibimos o segundo exemplar do noso xornal Novas de Infantil . Sempre é agradable miralo e ir recordando as di...


No hay comentarios:
Publicar un comentario