domingo, 15 de septiembre de 2024

INICIAMOS O CURSO 2024/25. IMOS ALÁ!

      Aquí estamos de volta. Co mes de setembro regresamos ao cole para afrontar novas experiencias e seguir aprendendo xuntos. Esta primeira semana aproveitamos para falar moito, contar todo o que fixemos no verán, poñernos ao día de novo como un grupo, revisar os xogos novos que temos na aula e, en definitiva, disfrutar moito reencontrándonos que é moi importante. Os pementeiros/as medraron moito e chegaron con moita enerxía, moi felices de estar cos amiguetes do cole, e con moita curiosidade por averiguar qué tema imos investigar no noso proxecto anual. Veremos, veremos... 

     Así que, pouco a pouco, iremos plantexando cousiñas e xa nos mergullaremos nese novo proxecto. polo de agora, aquí vos deixo as imaxes desta primeira semana de cole con moitos xogos, risas, conversas, ioga, contos ...























































































































BENVIDAS/OS AO NOVO CURSO 2024/25

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ORGANIZANDO O NOSO "AVECUNCHO"

    Estamos xa empezando a voar coas nosas plumas e organizando un "avecuncho" na nosa aula cos materiais que imos recibindo. Ante...