Ultimamente escoitase con frecuencia a palabra CALISTENIA. Seguramente todos/as sabedes o que se refire este término, e quizá moitos/as practicades esta disciplina. Para aqueles/as que non a coñezan, a calistenia é unha forma de entrenamento sen equipos, obxectos o aparatos concretos como os que pode haber nun ximnasio, A finalidade é traballar co noso corpo fortalecendo os músculos, mellorando a coordinación, o equilibrio e a forza con exercicios variados, que se poden facer ao aire libre e que non precisan dunha preparación previa ou unha aprendizaxe concreta. Todo este traballo calisténico non só vai mellorar a nosa condición física senón que ten moitos beneficios a nivel mental axudándonos a controlar o estrés, a mellorar a nosa autoestima, a potenciar a nosa concentración e a estimular as relacións sosiais xa quese pode practicar perfectamente en grupo.
Moitas das posicións que traballamos nas sesións de ioga, moitos exercicios que realizamos nunha clase de psicomotricidade e mesmo moitos xogos (dirixidos ou libres) no patio son exercicios de Calistenia.
Neste curso estou procurando, de vez en cando, plantexar algúns exercicios nos que, ademais de traballar equilibrio, forza e coordinación corporal global, tamén traballemos a coordinación cun compañeiro/a ou cun grupo, o traballo en equipo e a colaboración, xa que é importante habituarse a non pensar só nun mesmo e empezar a saír dunha visión tan centrada nun mesmo para ver máis alá. Non é sinxelo porque a madurez de cada neno/a sigue o seu ritmo propio e ir abandonando o egocentrismo propio destas idades temperás require experiencias e tempo. Pero aí estamos, propoñendo tarefas nas que os pementeiros/as poidan practicar habilidades físicas pero tamén lles animen a desenvolver habilidades sociais tan necesarias na vida en xeral e nas aulas en concreto.