viernes, 18 de abril de 2025

PASCUA 2025

     Non hai dúbida de que a Pascua é unha das festas favoritas dos nenos e nenas do Rosalía. Esperar ao coelliño de Pascua e proxectarse xa subidos nas numerosas atraccións de Padrón é algo que lles da moita alegría. Pasan os días cunha emoción tremenda e cunhas ganas enormes de buscar ovos de chocolate e de disfrutar subidos/as no gusano tolo. 

   No cole tivemos moita actividade rematando tarefas para poder levar todo a casa pero tamén disfrutando deste proceso e das ilusións propias da Pascua. Na última semana coñecemos unha historia que sempre triunfa cando lla leo aos nenos e nenas de 6º de infantil; nela aparacen os "Guardiáns da Infancia", entre eles o Coelliño de Pascua. É un marabilloso libro de William Joyce que nos mergulla nun mundo máxico, nun universo de estrelas fugaces, constelacións, lunatones, lunabots, gusanos de luz xigantes, bolboretas lunares e onde Sombra amenaza ao mundo con pesadelos mentres Luz Nocturna coida incansable de HL, o Home da Lúa que se convertirá no primeiro Guardián da Infancia.


Outra cousiña que tiñamos pendente desde a visita de SuperPepo era plantar eses papeis máxicos que nos regalou. Sí, sí, plantar papeis, porque eses papeis teñen sementes no seu interior, sementes de plantas aromáticas. Fixemos dous tipos de plantacións, en pequenos testos con terra e nunha cubeta poñendo simplemente auga.























































   As sementes xa xermolaron (pero non teño foto) así que á volta das vacacións seguiremos informando.
    E como todo está impregnado de maxia, tamén pintamos en papel máxico no que rascando cun punteiriño de madeira aparecían cores vivas que lle daban moita luz aos nosos debuxos.



























































    E tras estas actividades, chegou o momemnto de celebrar a Pascua. E non só buscamos ovos de chocolate, xa que este ano houbo outra sorpresa e no patio de atrás apareceron  uns simpáticos e suaves coelliños de cor branaca que agora estarán vivindo en numerosas casas padronesas.


































































   E como remate do segundo trimestre,déixovos aquí un vídeo que recolle unresumo de como vai a ambientación dos espazos comúns de infantil coa temática do Proxecto Plumas.  As imaxes xogan un papel importante no proceso de aprendizaxe de nenos e nenas. Facilitan a comprensión, retención e asociación de informacións e conceptos diversos, estimulan a motivación e a curiosidade, fomentan a creatividade e crean un ambiente agradable que é moi importante para sentirse a gusto nun entorno escolar. Espero que vos guste.


    Espero que todos/as estedes disfrutando destas festas de Pascua!

2 comentarios:

  1. Infantil esta espectacular como sempre pero este ano sorprendeu me e gustoume moitisimooo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, María, por visitar o blog, por deixar un comentario e por ese positivismo. Intentamos que os espazos sexan agradables, divertidos, vistosos e motivadores, sempre procuramos que os nenos/as participen e se sintan a gusto no cole porque estar nun sitio alegre e con imaxes relacionadas co que estamos investigando e aprendendo sempre axuda un pouquiño a espertar a curiosidade, así que intentamos facelo o mellor posible. Grazas!

      Eliminar

TAREFAS VARIADAS

     Andamos en proceso de rematar tarefas e de preparar o fin de curso. Así que, esta entrada, vai ser un compendio de actividades que imos...