Empezamos o último trimestre do curso celebrando o Día do Libro. Os libros sempre son protagonistas na Pementeira así que visitamos a Feira do Libro na Biblioteca e mercamos catro exemplares para a nosa biblioteca de aula. Os pementeiros e pementeiras tamén escolleron os libros que máis lles gustaban.
Imos retomando as rutinas cotiáns e xa tivemos que resolver un reto derivado precisamente da Feira do Libro. Nun dos exemplares que mercamos para a aula viña un poema sobre un PASPALLÁS e ninguén na aula sabía o que era. así que non había máis remedio que investigar.
Eros, África e Indira averiguaron que o paspallás é unha codorniz común. Parabéns chicas e chico! Despois escribimos a poesía "O paspallás e o sol"
E. despois dunhas vacacións sempre hai algún pementeiro/a que chega con ganas de contarnos algunha experiencia persoal, unha viaxe interesante ou unha visita a algún lugar que lle fixo disfrutar. Noel contounos que foi a Avifauna e Mateo Lobato contounos que estivo en Milán, e en Venecia así que tivo a sorte de ver a Praza de San Marcos coa súa espectacular basílica e o seu elegante campanille, viu as góndolas, visitou Murano onde traballan co vidrio de xeito moi artístico (aproveitamos para ver un vídeo sobre o proceso de traballo do vidrio) e entrou na librería Acqua Alta na que colocan os libros en barcas para que estén nun lugar seguro no caso de que se inunde o establecemento, ¡que boa idea!
No hay comentarios:
Publicar un comentario