lunes, 7 de marzo de 2022

O CUMPLE DE ICÍA

      Estamos que non paramos. O venres tivemos, de novo, celebración de aniversario. Nesta ocasión tococulle o turno a Icía que xa forma parte do clube dos 6 anos. Como é habitual nestas ocasións, notábase perfectamente que Icía estaba emocionada e nerviosa pero penso que disfrutou moito do día. Fixemos parte da celebración fóra e outra parte dentro porque empezou a nublarse e a facer un pouco de vento e decidimos facer o Cïrculo dos Eloxios na aula.

   Pero o primeiro foi apagar as candeas, escoitar a canción de "Cumpleanos feliz" e degustar as deliciosas galletas que trouxo a raíña do día.


















   Finalmente chegou o momento do "Círculo dos Eloxios" e todos/as lle adicamos unhas palabras cheas de cariño a Icía expresando que cousas nos gustan dela. Comencei eu dicíndolle:

   - Icía, gústame moito que sexas cariñosa e sempre teñas ganas de dar abrazos. É bo querer aos demais e demostrarlles afecto. Cando nos abrazamos sentímonos mellor, estamos cerca uns dos outros e non nos facemos dano nin nos pelexamos. Tamén aprecio cando te esforzas nas tarefas do cole para facelas ben e aprender máis cousas. Gústame ver o teu sorriso, encántame cando observas un baile na PDI atentamente e imitas os movementos con moito interés e tamén me gusta verte  disfrutar xogando cos teus amigos e amigas.

   Os compañeiros e compañeiras dixéronlle cousas como:

- Gústame xogar contigo e que me des abrazos.

-Gústame como coloreas sin ir por fóra e que te esforces en facer os traballos ben.

-Gústame como fas as posicións de ioga.

-Gústame ver o teu sorriso, eres boa amiga e quérote moito.

-Gústame como compartes e como xogas no patio.

-Eres boa compañeira e quero xogar contigo no patio.

-Gústame como bailas e como traballas.















   E ademais do cumple de Icía, o venres tivemos a nosa sesión semanal de ioga. Seguimos traballando o fortalecemento de músculos diferentes, os estiramentos e o equilibrio. Xa imos vendo algúns progresos e cousas que a principio de curso costaban máis traballo, agora xa resultan máis sinxelas. Todos/as os pementeiros/as están interiorizando que o que non sae ben ao primeiro intento, acabará saíndo ben coa práctica constante. E así imos avanzando.




































viernes, 4 de marzo de 2022

NON Á GUERRA

     Os tristes acontecementos dos últimos días foron tema de conversación nas nosas asambleas. Os nenos e nenas de infantil non son alleos/as ao que sucede no mundo e está ben que sexan conscientes, na medidad da súa capacidade comprensiva, da realidade do mundo no que vivimos. É certo que a invasión de Ucrania por parte de Rusia non é, nin moito menos, o único conflicto armado que está tendo lugar no mundo, pero é un suceso que nos fixo ver claramente dun día para outro o que significa unha guerra, o cerca que estamos todos de vernos involucrados nunha situación de auténtica destrucción e o vulnerable que é a paz e a estabilidade social.

    Si consultamos información actualizada podemos comprobar que existen unhas 65 guerras activas no mundo. Normalmente nin o pensamos, temos moi asumido que non nos afectan, que están lonxe, que ocurren en países do terceiro mundo ou cousas similares e iso fai que sexamos moi insolidarios coa xente que ten que fuxir do seu país e refuxiarse noutro lugar máis seguro para salvagardar a súa vida e a da súa familia.

   E agora, así sin que a maioría da xente corrente o esperásemos, estala un conflicto de gran calibre que percibimos cercano e que , realmente, conleva moitos riscos reais para Europa como mínimo. 

    Aínda que os pementeiros/as non comprenden a profundidade desta guerra. e das demáis que están a suceder, sí que saben que está ocurrindo e non debemos desperdiciar esta ocasión para reflexionar con eles/as, de xeito sinxelo pero con toda a claridade conceptual que sexa posible, sobre o que significan as guerras e as consecuencias que teñen.

   Como vos dicía, o tema xurdiu na asamblea así que estamos traballando sobre diferentes cuestións relacionadas coas noticias de actualidade que nos chegan por todas partes e estou tratando de encamiñar as nosas reflexións cara o que deberíamos facer para lograr a paz, e que actitudes e accións poderíamos desenvolver para evitar as guerras. Gustaríame que a nosa aula fose un lugar de reflexión pero tamén un espazo educativo de primeiro orden enfocado á estimulación de valores éticos e morais que permitan que este mundo sexa mellor no futuro. Familias pementeiras, ¿queredes axudarme? Nós fixemos un pequeno vídeo hoxe no cole para recordar e insistir que a PAZ non se traballo só o 30 de xaneiro senón cada día do ano. Si estades de acordo comigo, propóñovos que vós fagades algo cos vosos/as peques en casa para deixar constancia da vosa oposición á guerra. Pode ser un debuxo, unha declaración de principios gravada co móbil por exemplo, unha estrofiña dunha canción que fale de paz cantada en familia, unha foto coa palabra PAZ escrita nun lugar que nos sorprenda ou dun xeito orixinal... ¿Quen se anima? xa sei que son cousas simbólicas pero penso que pode ser un xeito de mostrarlles aos nenos e nenas que somos sensibles a estas duras situacións e quizá iso sexa un primeiro paso para orixinar outras accións máis directas e importantes.

 A PEMENTEIRA DI NON ÁS GUERRAS


  Xustamente hoxe, 4 de marzo é o aniversario de MIRIAM MAKEBA, unha cantante sudáfrica que nos fixo bailar coa súa música pero que non só cantaba senón que utilizou os escenarios e a súa voz e presencia para defender os dereitos humanos e loitar contra o apartheid. Hoxe, falamos dela na Pementeira, dentro das actividades do noso proxecto Musiqueando, e escoitamos a canción máis coñecida dela: "Pata Pata".


  Tamén hai un vídeo de Just Dance para bailar con moito estilo esta canción por si vos animades na casa.



jueves, 3 de marzo de 2022

O CUMPLE DE TEO

     Voltamos ao cole despois da paradiña do Entroido e xa empezamos coas nosas celebracións. Hoxe celebramos o aniversario do pementeiro Teo que xa ten 6 anos. Estaba moi contento e tamén un pouco nervioso, e non é para menos porque non se cumplen 6 anos todos os días, verdade?

  Apagou as candeas con brío e boa puntería, mostrou o seu habitual sorriso, escoitou nervioso e eocionado a canción que lle adicaron os compañeiros/as e repartiu as galletas en cada un dos equipos.






















   A continuación chegou o momento do "Círculo dos eloxios" que nos permite agasallar ao compañeiro con mensaxes que lle fan ver as cousas boas que todos apreciamos nel. Como é habitual comencei eu dicíndolle o que me gusta de él:

-Encántame o bo carácter que sempre mostras, a túa alegría cando chegas polas mañáns contando algo divertido. Gústame moito ver o teu sorriso, ver as túas ganas de aprender, cómo che interesan as cousas das que falamos no cole, e que che levan a querer investigar. Tamén me gusta ver a túa enerxía xogando no patio, correndo  a toda velocidade, imaxinando historias e disfrutando. Unha cousa que quero destacar é que o día do Entroido cando repartín os Aspitos, tí enseguida me dixeches: " Espero que queden algúns para Jimena e Samuel que non viñeron ao cole". Pareceume moi bonito que te acordaras deles .

 E despois, os compañeiros e compañeiras adicáronlle estas mensaxes:

- Gústame moito ver o teu sorriso e xogar contigo.

-Eres moi bo compañeiro, gústame ser o teu amigo.

-Gústame como xogas con todos no patio e gústame que xogues comigo.

-Gústame ver a túa enerxía e eres moi bo compañeiro. Quérote moito.

-Gústame como fas os traballos do cole e como aprendes.

- Gústame que te acordes dos demais e como compartes. Eres moi bo compañeiro.

-Gústame con coloreas e como traballas e eres o meu amigo.

-Gústame ver que estás alegre e xogar contigo no patio.















  E non vos despistedes que penso que pronto teremos máis novas deste tipo!


IOGA E ANIVERSARIO

    O pasado venres tivemos a nosa primeira sesión de ioga do novo curso escolar. Estivemos recordando asanas y procurando retomar hábitos:...