miércoles, 17 de noviembre de 2021

MUSEO MUSICAL

   Hoxe tivemos un fantástico día na Pementeira. Temos xa un libriño viaxando polas casas dos nenos e nenas; cada día visita á familia da encargada ou encargado e iso xa me ilusiona porque é moi bonito compartir certas actividades coas mamás e os papás e ver a ilusión dos peques cando lles toca levalo. Espero que o disfrutedes porque para eles é moi importante que vós valoredes o que facemos no cole e non hai mellor maneira de motivalos e animalos a aprender disfrutando.

    Por outra banda estamos traballando no noso "Museo  Musical" que consiste nunha exposición de obras de arte, pinturas de épocas e artistas diferentes, que teñen como tema central a música (poden ser representacións de instrumentos musicais, orquestas, xente bailando ou tocando etc.). Cada neno/a pinta con acuarelas as obras que imos coñecendo na aula e, a continuación, expoñémolas no corredor e facemos un vídeo presentándoas. Así que aquí vos deixo o primeiro vídeo no que tres pementeiras elegantes iranvos guiando polo noso museo.

















   Tamén aproveito esta entrada para mostrarvos o noso traballo na sesión semanal de ioga. Estamos esforzándonos moito para fortalecer os músculos de pernas e brazos para así, cada día, facer mellor as diferentes asanas, estar máis fortes e sanos e ter mellor control postural. Costa un pouco manter as rodillas e cóbados estirados  e aguantar nunha posición sin movernos pero cada día se nota máis o esforzo e o interés, hai menos protestas e máis ganas de intentar lograr a postura perfecta. Estamos aprendendo a non desanimarnos ao primeiro intento e comprender que non se consigue o éxito ao primeiro intento.





















  E xa para rematar, o último reto de investigación que plantexamos na Pementeira  que,en realidade, foi un reto triple porque lendo a poesía do Pirata Piratón xurdiron tres cuestións:
-¿Qué famoso pirata chegou á Coruña e quixo conquistar a cidade?
- ¿Qué é a popa dun barco?
- ¿Cómo se chama esa especie de cesta na que vai o vixía do barco?
  Pois ben, as respostas correctas eran: Francis Drake (que grazas á intervención de María Pita non foi quen de saquear a Coruña), a popa é a parte de atrás do barco (de aí a expresión de "vento en popa a toda vela") mentres que a proa é a parte dianteira onde se coloca o mascarón de proa, e a cofa é esa canasta onde se colocaba o vixía para otear o horizonte e dar o aviso de que chegaban a terra.
   E aquí están os intrépidos investigadores Mauro, Carmen López, Noa, Teo, Rosalía e Mateo (faltan na foto Lucía e Samuel que tamén investigaron sobre os piratas). Non todos/as contestaron ás tres cuestións, algúns investigaron sobre piratas e barcos pero sin precisar as tres cuestións que eu preguntara pero , a verdade, é que imos  avanzando moito e animándonos a investigar que é o que eu pretendo. ¡Parabéns a todos/as! E espero que cada día se animen máis...

sábado, 13 de noviembre de 2021

A MÚSICA SEMPRE PRESENTE NA PEMENTEIRA

    A música é un inmellorable estimulante dos nosos cerebros. fainos sentir ben, axúdanos a concentrarnos, estimula a atención e a memoria, fomenta o desenvolvemento da linguaxe e a comunicación, fainos comprender de xeito intuitivo moitos conceptos matemáticos, potencia a nosa coordinación corporal global, achéganos ao mundo das artes, desenvolve a nosa sensibilidade, xenera unha armonía no entorno, desenvolve a tolerancia e o autocontrol...

   Hai centos de motivos polos que a música ten que estar presente nas aulas e nas vidas dos nenos e nenas. É importante que desde pequenos/as teñan contacto con diferentes estilos musicales e aprendan a escoitar e deixarse levar polo que sinten.

   Na Pementeira traballamos moito coa música: desde o simple (pero importante) acompañamento ambiental cando estamos facendo outras tarefas ata tarefas máis precisas con determinadas melodías, obstinatos ou cancións empregando percusións corporais, sinxelas coreografías etc.

 Hoxe vouvos mostrar algúns exemplos de traballos con ritmos. Facemos moitos outros pero, obviamente, non sempre gravo todo. Así que este é unha pequena mostra deste tipo de tarefas. Como sabedes, no lateral do blog hai diferentes apartados nos que se agrupan cancións ou exercicios diversos de ritmos, percusións, xogos de grupo, danzas... Podedes ir investigando o que está recollido aí e cando teñades ganas tamén podedes practicar na casa, en familia.


   Tamén traballamos con instrumentos musicais, por exemplo o xilófono. Practicamos as escalas ascendentes e descendentes coa axuda de "Pompón" que sube e baixa a montaña, e xogamos a crear os nosos propios ritmos con percusións corporais. 


















  E entre actividade e actividade, sempre hai tempo para xogar un pouco, practicar o modelado con plastilina (estamos intentando crear as nosas pequenas esculturas, con volumen e que se aguanten de pé e ir xa abandonando o costume de facer formas planas sobre a mesa ou ir cortando a palstilina en cachiños pequeniños sin máis). Pouco a pouco van saíndo cousiñas interesantes; é importante  traballar a creatividade en diferentes tarefas ao longo do día e non acomodarse en repetir sempre o que nos resulta fácil (por exemplo facer un "churro" de plasti ou pequenas boliñas).









 





SAMAÍN E CASTAÑAZOFEST 2026

    E chegou o día de celebrar o magosto e o Samaín. Como cada ano, nada máis abrir as portas do cole, todo tipo de criaturas misteriosas e...