lunes, 11 de noviembre de 2024

MOITOS RETOS

   O proxecto Plumas está dando moitas posibilidades de aprender cousas interesantes. Un dos obxectivos deste curso e´sen lugar a dúbidas, que os nenos e nenas vaian desenvolvendo o gusto por investigar, por buscar respostas, por aprender de xeito activo sendo os artífices do seu propio aprendizaxe. Encantaríame que, pouco a pouco, foran adquirindo habilidades para buscar información, desenvolvendo a curiosidade, mellorando a memoria e a asociación de diferentes contidos e acadando unha motivación interna que os faga moverse e estar activos no seu proceso formativo.

     Teño que dicir que xa hai un grupiño na aula que vai entrando nesta dinámica e que disfruta moito investigando na casa e traendo respostas ao cole. Por iso quero felicitar a Indira, Irea, Mateo Lobato, Carla, Noel... que están sendo moi activos neste xogo e chegan con moita ilusión cada vez que investigaron algo. A verdade é que aprendemos moitas cousas, ás veces abrimos novos camiños porque a búsqueda dunha resposta se desviou un pouco da ruta marcada pero iso tamén é xenial xa que chegamos a outras aprendizaxes. Así que nunca temos que desmoralizarnos por non acertar á primeira porque ata dun erro podemos aprender outra cousa diferente. Non hai fotos de todos os retos porque, nalgúns casos, non traen as respostas escritas e por iso non hai imaxe pero imos facer un pequenp resumo das cuestións plantexadas.

1.- Como é o quetzal, e onde vive?

O quetzal ten unhas plumas moi vistosas, longas de cores vivos, verde aguamarina, turquesa e vermello. Viven en América Central principalmente. Os reis e sacerdotes mayas e aztecas empregaban as súas plumas para facer coroas e tocados. O quetzal aparece na bandeira de Guatemala, e  a súa moeda é o quetzal. A serpe emplumada dos mayas e aztecas chámase Quetzalcoatl, un deus que é unha mestura de paxaro e serpe, e que xa coñecemos porque aparece na Pirámide Escalonada de Kukulcán. O quetzal métese nos buratos que fan os paxaros carpinteiros.


                                      

2.- Por que os flamencos son rosas?

Os flamencos teñen esa cor a causa das algas e gambas que comen.

3.- Que ten de peculiar o kiwi, un ave que curiosamente non ten algo que teñen as aves?

   O kiwi é un ave moi peculiar de Nova Zelandia, ten o tamaño dunha galiña aproximadamente, é moi redondiño e que máis chama a atención é que non teñen alas. Realmente  sí que as teñen pero son diminutas, simples vestixios minúsculos dunhas alas quenon se ven porque están ocultas baixo o plumón, xa que tampouco teñen auténticas plumas. Son aves non voadoras, 





                            

4.- Xa sabemos que o martiño peixeiro foi ben estudiado para copiarlle a forma do seu pico e aplicar esa morfoloxía ao deseño do tren bala de Xapón. Pois para deseñar avións tamén se imitou a morfoloxía do halcón peregrino, a ave máis veloz. Que avión copia esa forma do halcón peregrino?

   Desde fai miles de anos, o ser humano sempre tivo interese por voar e admirou esa capacidade que só as aves posúen. Por iso non é extraño que para diseñar os avións, se buscara inspiración en diversos paxaros que surcan o ceo veloces, estables e seguros. Probablemente hai moitas aves que poden ser tomadas como modelos para diseñar aeronaves, pero frecuentemente aparece o halcón peregrino como posible inspiración xa que é a ave máis veloz do mundo e mostra unha destreza e precisión insuperable cando se lanza sobre a súa presa, por iso a súa aerodinámica foi estudiada para deseñar o Bombardeiro B-2 e o Blackbird.


   Procuramos ir recollendo as diferentes aprendizaxes na nosa pizarra e así podemos ir repasando o que aprendemos investigando, lendo libros, vendo vídeos etc. para non esquecelo. Xa levamos 5 páxinas!!!!!




    Ademais dos retos de investigación seguimos organizando o avecuncho con moitos libros, aves de xoguete, fotografías, manualidades con materiais de refugallo, debuxos, puzles etc.







 







 
 



 Tamén Carla e Sara nos trouxeron unhas imaxes das súas viaxes polo mundo e nos contaron as súas experiencias visitando os zoos de Madrid e de Porto.  Carla tivo sorte e ata sacou unha foto nada máis e nada menos que cun guacamayo no seu brazo, e Sara disfrutou contemplando grandes animais africanos e paseando pola Ponte de Luis I construída por compañeiros de equipo de Gustave Eiffel.


   E seguimos facendo actividades impresas que nos permiten recoller algunhas aprendizaxes e avanzar no proceso lecto-escritor.
















                                     
                                      
































VIDA SANA

     Estamos aprendendo tantas cousas sobre as aves e facendo tantas tarefas diferentes que, ultimamente, non compartín imaxes das nosas ses...