lunes, 24 de abril de 2023

NOVAS DE INFANTIL

       Hoxe recibimos o noso xornal Novas de Infantil. ¡Xa nos estaba tardando! Pero finalmente chegou e disfrutamos moito recordando moitas cousas que fixemos no segundo trimestre deste curso. Espero que, tamén, nas familias disfrutedes lendo este exemplar que acaba de saír do forno.




























   Hoxe, tamén estivemos rematando un panel informativo sobre os cultivos que se poden recoller, e polo tanto consumir, durante o outono e, por outra banda, aqueles que se poden plantar nesa estación. Cada aula se encarga dunha das catro estacións e a nós tococunos o outono. Aproveitamos para recordar o que plantamos na horta fai uns meses. Todo o grupo colaborou coloreando os debuxos de froitas e verduras e pegándoos nunha cartulina. Agora só nos falta escribir os nomes.





















                








                                           



   E hoxe a nosa exploradora voluntaria foi Noa que chegou supercontenta ao cole e con moitas ganas de facer cousas o cal me alegrou moito. Foi unha exploradora xefe fantástica! E o mellor de todo foi o feliz que estaba facendo as súas labores.




    Prodúceme moita satisfacción ver como van gañando cofianza en si mesmas estas pementeiras e pementeiros, como saen voluntarios, como se desenvolven facendo as diferentes rutinas, como recoñecen os nomes, saben contar, fan unha suma... É un gustazo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...