A verdade é que non por dicilo constantemente deixa de ser verdade, está claro que o tempo pasa cada día máis rápido e xa estamos na Pascua!!!! Aínda que estaredes todos e todas disfrutando das festas padronesas ou viaxando polo mundo, vou compartir convosco ás últimas cousiñas que fixemos na Pementeira.
Rematamos bolsas e portadas e quedaron bastante vistosas. Despois de tanto traballo, os pementeiros e pementeiras marcharon moi orgullosos para casa.
Participamos nunha xincana de Pascua cun reto por equipos para atopar ovos de chocolate.
O venres estivemos vendo unha peli na biblioteca e escoitamos ruídos raros polo patio. Algúns nenos/as dixeron que seguramente andaba o coello de Pascua escondendo ovos, porque xa recordan que é moi travieso e sempre fai o mesmo por estas datas. Así que baixamos correndo e cheos de ilusión a ver se era verdade...
E aínda que foi unha semana intensa, chea de actividades rematando tarefas para marchar de vacacións, nunca nos esquecemos de empezar o día con ritmo, de ler libros, de facer as rutinas cotíans, e ata tivemos tempo de pintar un mural de Nellie Bly para o corredor de infantil. Como vedes, na Pementeira tratamos de aproveitar o tempo ao máximo.
E agora sí que remato esta entrada desexándovos a todos e todas unhas boas vacacións de Pascua. Disfrutade e descansade e nuns días xa teremos máis cousas que contar.


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)




.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)




.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)
A bolsa encantoume e as fichas demostran moi ben a evolución que van tendo, a sonrisa dos nen@s nas fotos dio todo e vese o gran traballo de fondo que hai detrás de cada cousa que fan. Indira ahora pasase os días sumando cousas e o mural de Nelly Bly quedou precioso. Boas Pascuas.
ResponderEliminar