Hoxe celebramos na Pementeira un novo aniversario, unha nena máis que xa ten 4 anos. O tempo pasa voando e Antía chegou onte ao seu cuarto aniversario (o que pasa é que onte non tivemos tempo de facer a correspondente celebración porque viñeron a instalar unhas novas pantallas nas aulas, e tivemos que ir para a aula de psico mentres traballaban os operarios, houbo un pouco de desorden na clase, recolocando cousas que houbo que mover e, en fin, que non atopamos momento para facer unah celebración en condicións, así que hoxe xa, volvemos á normalidade e fixemos unha festiña fóra). ¡Qué sorte tivemos! Estaba unha mañán estupenda e decidimos celebrar o cumple nas mesas de fóra, á sombriña e respirando aire fresco. ¡Cumple e picnic á vez!


No hay comentarios:
Publicar un comentario