sábado, 23 de marzo de 2024

FIN DE TRIMESTRE. CHEGOU A PASCUA!

   Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. Pronto poderedes ver, no novo exemplar de Novas de Infantil, un resumo das diferentes vivencias, tarefas e aprendizaxes que encheron as xornadas desde xaneiro ata finais de marzo. Pero agora, aquí quedan as últimas imaxes deste período escolar: a realización das bolsas e portadas de traballos, o inicio do mural do patio que cada ano realizamos con motivo do Día da Paz, a búsqueda habitual dos ovos de Pascua nun día soleado e alegre, e o tradicional posado de fin de trimestre.

    A decoración de bolsas e portadas require tempo, calma e creatividade. Durante varias xornadas eleximos cores, pintamos con rodillos ou con pincel, pegamos dinosaurios, puxemos dentes e crestas, pintamos margaridas primaverais e finalmente aquí vos deixamos todoo proceso e o resultado final.























































































































































   Para a elaboración do mural do patio que cada ano realizamos con motivo da celebración do Día da Paz, este ano tomei como punto de partida as obras de artistas contemporáneos que se expresan a través da arte nas rúas, graffitis, arte dixital,  de diferentes países que,por medio das súas pinturas murais nas rúas de distintas cidades, comunican mensaxes antibelicistas, mensaxes de igualdade, de paz, de diversidade, comprensión e solidariedade . A arte sempre se posiciona ante os sucesos que ocurren no mundo. Por iso estes artistas que traballan nas rúas, tamén nos espertan e nos fan mirar as inxustizas e as guerras para que reflexionemos e intentemos cambiar este mundo tan conflictivo.  A partir de murais de Banksy, Shamsia Hassani, Dido, Lediesis fixen unha composición mesturando diferentes imaxes para   promover unha reflexión ante diferentes conflictos armados que están sucedendo no mundo nestes momentos. Un deles é  o que ten lugar na franxa de Gaza e que está presente de forma evidente no noso día a día a través dos medios de comunicación. Gustaríame que os nenos/as e xoves comprobaran a  importancia da mensaxe que se transmite a través das imaxes artísticas e a importancia de fomentar a expresión plástica, a creación, a libre expresión de ideas desde o respecto á diversidade pero fomentando a xustiza e o  pacifismo.
   Non todos/as os nenos/as da aula saíron xa a pintar no mural, pero teremos máis tempo para facelo no terceiro trimestre.


















     E xa, despois de tantas fotos e información, aquí tedes a búsqueda dos ovos de chocolate que o Coello de Pascua, un a no máis quixo deixarnos agochados polo patio. ¡Qué divertido!

































                   




















VIDA SANA

     Estamos aprendendo tantas cousas sobre as aves e facendo tantas tarefas diferentes que, ultimamente, non compartín imaxes das nosas ses...