viernes, 15 de marzo de 2024

¿QUEN ERA VULCANO? ¿QUÉ É UN GEISER? SEGUIMOS APRENDENDO

        Estamos só a unha semana de rematar un segundo trimestre que foi bastante curto pero que estivo cheo de actividades diferentes. Moitas visitas, moitas experiencias, moitas conmemoracións pero tamén moitas investigacións sobre cousiñas do proxecto.

    No interior da Terra escóndense moitas sorpresas. Unha das cousas que máis lle chamaron a atención aos pementeiros/as  foron, sen dúbida, os volcáns que explusan ese magma incandescente en forma de lava que pode chegar a sepultar cidades enteiras como foi o caso de Pompeya. Xa sabedes que a estes/as peques lles encanta a canción "I lava you" así que decidín que ese fermoso volcán de Hawai quedaría moi ben no noso espazo de infantil lucindo un sorriso, a pesar, de que está en plena erupción.



     E con tanto falar, cantar cancións, debuxar, modelar, experimentar e buscar información sobre volcáns, o máis lóxico era coñecer a orixe de ese término, ¿de onde ven ese término? Pois é moi interesante. A palabra volcán deriva do nome do deus romano Vulcano, o deus do lume, do traballo cos metais, dos ferreiros e artesáns.


    Vulcano vivía baixo terra, na súa forxa, empregando o lume para poder vencer a dureza do ferro e así poder modelar distintas pezas como cascos, escudos, ou armas como lanzas, espadas ou puntas de lanzas. Moitos artistas representaron ao deus Vulcano en esculturas ou pinturas. Pero, sen dúbida, a pintura máis  famosa na que aparece estedeus do lume é "A fragua de Vulcano" de Velázquez que estivemos observando na clase. Aípodemos ver ao deus Apolo que lle ven comunicar a Vulcano que a súa muller xa non quere vivir con el e quere marchar co deus Marte. Vulcano queda perplexo coa noticia e todosos seus axudantes tamén quedán atónitos e paran de traballar na forxa,onde podemos descubrir ao fondo o lume da fragua onde quentan o ferro para poder traballalo.
    
"La fragua de Vulcano" Diego Velázquez

   Despois de aprender tantas cousas, fixemos unha actividade impresa para gardar na nosa memoria a orixe da palabra volcán e recordar tamén esta fermosa obra de arte de Velázquez.















    Baixo terra, tamén hai auga, ríos e correntes subterráneas que poden, en ocasións, entrar en contacto  co magma ou con rochas moi quentes. E sabedes que pasa cando a auga empeza a quentarse e ferve? pois que busca buratos para sair fuxindo. E sabedes cómo se chaman esese surtidores de auga fervendo que saen con forza do interior da Terra? Claro que sí: GÉISER. Os pementeiros e pementeiras tamén o saben. Estivemos vendo imaxes  de géiseres en Islandia, en Estados Unidos, en Rusia, en Nova Zelanda...
 



























   Recibimos algunhas cousiñas máis para o noso recuncho que me faltaba compartir aquí porque foron moitos días de aniversarios e visitas e quedaran sen mostrar. Tamén aproveito para compartir momentos de xogos, de lectura dos libros do recuncho e de actividades diferentes ás impresas, porque como sempre vos digo, na aula facemos un montón de cousas diferentes cada día e non sempre temos imaxes de todo. Eros e Carmen trouxeron uns libros moi interesantes (sempre nos encantan mirar e ler libros bonitos que nos ensinen moitas cousas) e Maia trouxo unha vaina de flamboyan, que nos vai vir moi ben para o terceiro trimestre, Xa veredes!






































 






















    E aínda quedan cousas por contar así que dentro de pouco haberá máis noticias por aquí.
     Bo fin de semana para todos/as!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

VIDA SANA

     Estamos aprendendo tantas cousas sobre as aves e facendo tantas tarefas diferentes que, ultimamente, non compartín imaxes das nosas ses...