jueves, 21 de marzo de 2024

PESAMOS, SUMAMOS, PENSAMOS, XOGAMOS... ¡NON PARAMOS!

  Estes días estamos traballando as unidades de medida. Simplemente se trata de que os nenos e nenas se vaian familiarizando con conceptos como METRO e KILOGRAMO. O obxectivo, obviamente, non é que comprendan as relacións entre as diferentes unidades, que é un tema complexo para eles/as, senón de que se acheguen ao feito de que podemos medir  a lonxitude de algo, ou mesmo a nosa altura por exemplo, e para iso utilizamos unha cinta métrica que emprega o metro como unidade de medida, e que podemos pesar obxectos ,ou a nós mesmos, e para iso utilizamos unha báscula que emprega o kilogramo como unidade de medida.



  Xa se acordaban que no primeiro trimestre pintamos no chan a lonxitude do peixe lúa e que medía 3 metros. Agora fixemos unha experiencia para pesar algúns obxectos. Primeiro fixemos unha estimación simplemente collendo unhas pedras e unhas bolas de plasti para tantear cal pesaba máis e despois xa o fomos comprobando na báscula.

















               
           

         




























       Con esta actividade  fixemos moitas cousas. comprobamos empíricamente qué obxectos pesan máis despois de facer unha hipótesis previa basada nas nosas percepcións. Tamén descubrimos que algúns obxectos pequenos pesan máis que outros grandes, porque o volúmen non ten porque ter unha correlación directa co peso. Iso costou un pouquiño entendelo porque de entrada, todos/as asocian que as cousas grandes pesan máis (algo que ocurre en moitas ocasións pero non sempre se cumple). Otro descubrimento foi que unha bola de plastilina non cambia o seu peso se a modelamos con outra forma. Cando viron que a bola de plasti pesaba máis que a pedra, pregunteilles qué poderían facer coa plasti para conseguir que pesara igual que a pedra, para igualar a balanza, e a resposta foi coller outra bola, e como iso non valía porque se trataba de facer algo con esa mesma bola, entón a outra resposta foi modelala. Pero comprobaron que seguía pesando igual. Entón propuxeron poñer máis plasti e, claro, aínda pesaba máis. E entón xurdiu a resposta, Antón propuxo ¡quitarlle unha pouca plasti!. Pouco a pouco conseguiron igualar a balanza.

   Despois empregamos as pesas para calcular canto pesaba a plasti, e a pedra de lava. Tamén tivo a súa complexidade ir poñendo e quitando pesas para chegar ao equilibrio. Finalmente sumamos os valores de todas as pesas. Esta suma xa a fixen eu na pizarra, paso por paso, eles ían sumando as cantidades que eu lle ía indicando.


     Hoxe estivemos facendo sumas coas regletas Cuisenaire, coas que xa traballamos máis veces. Recordamos canto valía cada regleta e despois investigamos sobre a suma buscando dúas regletas que xuntas valeran o mismo que outra. Gustoume ver como algúns/as se animaron a facer esa búsqueda e o contentos/as que se puxeron cando encontraron unha solución. De feito cando Mateo conseguiu un resultado correcto eu díxenlle: ¡bárbaro! e el replicoume: ¡bárbaro, no, super-bárbaro! E é certo cando descubrimos cousas é superbárbaro!











               
























                                  
                                    

                                      

                                                

                                    

       E como xa estamos en primavera, decoramos un pouquiño a nosa pizarra, fixemos outro picnic fóra e ata tivemos tempo de xogar. ¡Pasámolo xenial!

                                         






























































No hay comentarios:

Publicar un comentario

O ANIVERSARIO DE ANTÍA

     E seguimos celebrando aniversarios. Estes pementeiros e pementeiras  non paran de cumplir anos e nós non paramos de facer festas. O ve...