viernes, 8 de marzo de 2024

8M: DÍA DA MULLER. VISITA DA KARATEKA RUTH LORENZO

     Hoxe venres 8 de marzo, é un día sinalado no calendario porque conmemoramos o Día Internacional da Muller. Na Pementeira sempre falamos da importancia de que as nenas, as xóvenes, as mulleres  sexan respectadas a todos os niveis e valoradas do mesmo xeito que o son os nenos, xóvenes e homes adultos. Moitas veces intentamos reflexionar sobre situacións inxustas e pouco equitativas en moitas culturas ou países nos que as mulleres non poden estudar, ser independentes e tomar decisións propias ou, simplemente, expoñer as súas opinións ou ser plenamente libres na sociedade ou mesmo na súa familia. Son cousas difíciles de explicar aos peques pero é importante intentar facelo de xeito simple, con exemplos comprensibles , ao mesmo tempo, hai que facer un traballo cotián no ámbito familiar e escolar. Por iso, nós no cole, mestras e mestres, procuramos poñer ao alcance dos máis pequenos modelos de mulleres poderosas, con ideas, con iniciativa, mulleres que perseguiron os seus soños, que loitaron contra estereotipos sexistas, que defenderon os seus dereitos e que non se deixaron pisar.

     Cada día é máis habitual conseguir contos nos que a protagonista non sexa unha princesa simple que só se preocupa por casarse cun elegante príncipe, agora hai moitos relatos nos que as nenas son investigadoras, curiosas, valentes, decididas, traviesas, intelixentes, creativas, activas, inquedas, respondonas, deportistas, viaxeiras, artistas, resolutivas, independentes... Está xenial ir introducindo este tipo de narracións nas que se mostra unha imaxen un pouco máis realista das nenas, con multitude de características, ao mesmo nivel que un neno. Así, pouco a pouco, empezaremos a cambiar o imaxinario cultural e as nenas empezarán a verse a si mesmas facendo as mesmas cousas que calqueira neno, o que a elas lles interese máis ou lles faga sentir mellor.


   Dentro desta labor educativa que debemos facer nos coles, non só está ler contos e, por suposto, respectar por igual as capacidades de nenos e nenas e abrirlles camiños a ambos partindo desa premisa da igualdade de dereitos e oportunidades, senón que debemos proporcionarlles experiencias vitais nas que as mulleres estén presentes en ámbitos nos que, en moitas ocasións, o habitual era que houbese sempre homes.
     Partindo deste principio educativo que debemos respectar todo o ano, o 8 M é unha ocasión concreta e ideal para facer fincapé na presenza da muller en calqueira eido e para valorar as súas aportacións. Nesta ocasión a proposta do Equipo de Normalización consistiu en traballar sobre mulleres deportistas galegas. Cada títoría elexiu unha muller triunfadora, loitadora, disciplinada, unha muller que vai abrindo camiños no mundo do deporte.



     Na Pementeira eleximos a unha muller xoven, chea de vitalidade e enerxía, que practica karate desde o 4 anos, compite por todo o mundo, gana medallas (nada menos que 38 medallas ganadas ata o de agora e seguro que chegarán máis), é adestradora,  escala montañas, baila danza africana e, ademais, é unha fantástica comunicadora: RUTH LORENZO.

        Na aula, traballando en equipo, estivemos investigando sobre ela, e con todo o que fomos recopilando decoramos unha caixa para poñer nunha exposición no corredor do cole. Aprendemos moitas cousas sobre karate e sobre Ruth.  E ata gravamos un vídeo pedíndolle que nos contara cousas sobre ela e o karate.









                                     






























E así quedou a nosa caixa decorada. ¿Qué vos parece?




      E así luce a exposición de mulleres deportistas galegas no corredor do cole.








   E despois dunha semana de traballo, e da nosa petición especial a Ruth para que nos contara cousas...


 ... hoxe foi o colofón xa que recibimos a visita de Ruth. Foi unha xornada inesquecible. Ruth explicounos moitísimas cousas sobre ela, sobre o karate, sobre as competicións e os países que visitou. Os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas e ela contestounas todas. Mostrounos vídeos , fotos, o seu traxe, as proteccións, os guantes, fixo unha pequena demostración da súa técnica, falounos da importancia do entrenamento diario (porque ter talento para algo é importante pero o principal talento e o que che leva cara o éxito é o traballo constante e a disciplina),  de aprender a perder (porque ela gañou moitas medallas e moitas pelexas pero, como ben nos dixo, perdeu moitas máis e iso é parte do proceso de aprendizaxe), de descubrir todas as cousas boas que hai na vida (porque non todo é competir e gañar medallas) como, por exemplo, escalar montañas e do gratificante que é transmitir o valor do deporte, o respecto polo adversario e a ilusión pola superación personal aos máis pequenos. Iso é algo evidente escoitando e vendo a Ruth, só observándoa mestres fala sen parar cos nenos e nenas e contesta as súas preguntas, vendo o seu sorriso, compartindo con entusiasmo as súas vivencias, non me cabe dúbida que é unha adestradora única, que ama o seu traballo e que disfruta a tope da vida. Un exemplo a seguir!!!























                                                 

                                        

                                        

































    Antes de marchar, Ruth veu pola nosa aula para despedirse  e darnos un autógrafo que espero que cada neno e nea garden con cariño na casa xa que é un fermosos recordo dunha interesante xornada na que coñecemos a unha muller deportista, unha campeona que nos ensinou moitas cousas  e que é un modelo a imitar. Aproveitamos tamén para facer unha foto todos xuntos e seguro que cada vez que teñamos noticias dun novo éxito de Ruth Lorenzo pensaremos: ¡Nós coñecimos a esta deportista e temos unha foto que o demostra!


    Mil grazas, Ruth, por deixarnos coñecerte, por todas as túas explicacións, polo teu entusiasmo, por facernos ver un modelo de muller real exento de estereotipos, polo autógrafo, por ser tan amable e por adicarnos o teu tempo!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

O ANIVERSARIO DE ANTÍA

     E seguimos celebrando aniversarios. Estes pementeiros e pementeiras  non paran de cumplir anos e nós non paramos de facer festas. O ve...