jueves, 14 de marzo de 2024

EXPERIMENTAMOS CON MARIE CURIE. SEGUIMOS CELEBRANDO O 8M

      O 8 M é unha data que temos moi presente no ámbito educativo porque é preciso facer fincapé na igualdade, no recoñecemento da figura da muller na historia e no valor da muller na socieddae actual procurando fomentar en nenos e nenas unha visión máis equitativa da sociedade. Como xa comentamos con motivo da visita de Ruth Lorenzo, temos que mostrarlles aos peques modelos de mulleres máis realistas e menos estereotipados que os reciben de medios de comunicación por exemplo. Temos que romper xa coa idea simplista dunha muller que ten que estar guapa, e situarse detrás dunha figura masculina. Pode parecer que isto é cousa do pasado pero si nos paramos a observar a nosa realidade, veredes como é moito máis habitual do que poderíamos pensar. As mulleres temos voz, pensamos por nós mesmas, tomamos decisións, e somos exactamente igual de válidas para calqueira actividade que un home.

       Onte mércores vistounos Vanessa, do CIM Terras de Iria, para contarnos a historia dunha muller importante, unha científica admirable, recoñecida doblemente premiada co Nobel: Marie Curie.
























    Por certo, tamén é interesante dicir que Marie Curie, en certo modo, ten que ver co noso proxecto xa que, neste trimestre, estamos traballando sobre o interior da Terra. Como sabedes investigamos sobre covas, volcáns, minerais... E Marie Curie descubreu que algúns minerais como a pechblenda tiñan radioactividade e tamén descubreu novos elementos químocos comoo radio e o polonio. As investigacións de Marie Curie e o seu marido Pierre Curie permitiron, por exemplo, poder facer radiografías co cal a medicina e a capacidade de curar moitas enfermidades mellorou considerablemente.
    Despois de aprender tantas cousas sobre Marie Curie, chegou o momento de facer un experimento. Todos os nenos e nenas da aula tiveron oportunidade de axudar a Vanessa e traballar activamente para acadar algo parecido a unha reacción química mesturando varios elementos. Cando ela dixo que ía empregar bicarbonato, enseguida se acordaron do noso volcán, que fixemos que entrara en erupción precisamente empregando vinagre e bicarbonato. Así que xa estabamos un pouco preparados para o que podería pasar. Pero todos/as prestaron moitísma atención porque querían saber se aquela mestura de elementos ía provocar unha explosión ou non.









 
                   

                 



                                     






















              





Despois do experimento, Vanessa regalounos un bonito marcapáxinas de Marie Curie. Encantounos!
















GRAZAS, VANESSA, POR VISITARNOS E PASAR O TEU TEMPO CONNOSCO!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

VIDA SANA

     Estamos aprendendo tantas cousas sobre as aves e facendo tantas tarefas diferentes que, ultimamente, non compartín imaxes das nosas ses...