lunes, 24 de junio de 2024

FIN DE CURSO: FESTIVAL, "MERENDOLA" E DESPEDIDA

     E chegamos ao final! O tempo voa e estamos no mes de xuño, co traballo rematado e dispostas/as a viaxar, a ir á praia, a reunirnos coa parte da familia que vive máis lonxe, coa ilusión de disfrutar do bo tempo, quizá dun horario máis flexible, ao mellor coa posibilidade de non ter que madrugar... bueno o que veñen sendo as vacacións. Seguro que todas e todos están satisfeitos cos obxectivos logrados e que. aínda que non veñan ao cole, seguirán tendo ganas de ler contos, de debuxar, de escribir, de cantar e bailar e de investigar porque aprender cousas novas sempre é satisfactorio. sexa no cole ou fóra del, e os días son longos e hai tempo para todo. Seguro que despois dun apetecible día de praia senta moi ben un bonito conto que nos faga relaxarnos e viaxar por mundos fantásticos.

   Pero agora imos ao que imos. O venres foi un día fantástico. Celebramos o Festival de Fin de Curso e os nenos e nenas de infantil fixeron unha actuación insuperable. Pasámolo xenial bailando e berrando "Bienvenidos". Despedimos aos nenos e nenas de 6º de Primaria que marchan para o instituto. Fixemos unha festa na aula de psico degustando as viandas que aportaron os nenos e nenas da aula de 6º de infantil B e marchamos cos traballos nas nosas bolsas decoradas.

















































































































































 ¡Un día para recordar sempre! Qué ben o pasamos!

              Bo verán!


FIN DE CURSO: FESTIVAL, "MERENDOLA" E DESPEDIDA

      E chegamos ao final! O tempo voa e estamos no mes de xuño, co traballo rematado e dispostas/as a viaxar, a ir á praia, a reunirnos coa...